Escola de Abuin
O ANIVERSARIO DA PROFE MARTA
Os nenos e nenas da Escola de Abuín queremos darlle as grazas á nosa mestra Marta. Como estivo de aniversario este finde, convidounos a unha riquísima torta de chocolate feita con moito agarimo, da que demos boa conta, je. Mmmmmmmmmmmm... qué rica!
- APIs de Blogue
OS NOSOS MOSAICOS
Traballamos as formas xeométricas e a técnica do mosaico xirando ó redor do mar, estos son os nosos barquiños de mosaico, QUE VOS PARECEN?
- APIs de Blogue
A BUSCA DO TESOURO
O venres levamos a cabo a nosa peculiar "busca do tesouro" coa axuda da profe Marta. Varias pista-adiviñas leváronnos ata o areeiro do patio e ata alí desprazámonos embarcados e unidos por unha corda para descubrir un cofre. Por suposto, o tesouro que había no seu interior encantounos... unha actividade moi fructífera e divertida.
- APIs de Blogue
SEGUIMOS XOGANDO COS NOSOS NOMES
Continuamos a xogar cos nosos nomes, axudados por este xoguetiño que nos deixaron os Reis Magos o Nadal pasado. Buscamos as letras do noso nome, as colocamos en horizontal e en vertical, limos o nome do dereito e do revés, comparamos as lonxitudes, contamos as vogais coñecidas e, entre todos, construímos un fermoso castelo. Divertidísimo, non credes?
- APIs de Blogue
AS FOLLIÑAS DE ABUÍN.
Como nos gustan tanto os habitantes do País das Letras, quixemos elaborar os nosos personaxes; por suposto, como nós non somos letras ocorréusenos seren folliñas do outono. As nosas creacións decoran agora un dos mobles da biblioteca. Así de fermosos quedaron os nosos personaxes...
A TEA DO ELOXIO
Ós nenos e nenas de Abuín prodúcenlle moita curiosidade as teas de araña. Aproveitando, a semana pasada xogamos a crear a nosa "TEA DO ELOXIO" (do eloxio, non do Euloxio, jeje). Primeiro falamos do que era un eloxio, e despois, cada neno ía pasando a "tea" e dicindo algo fermoso do compañeiro ou compañeira á que lle pasaba. O resultado foi unha tea chulísima e un subidón de autoestima.
- APIs de Blogue
O ALFABETO DA AUGA
Neste curso seguimos a traballar no libro "O ALFABETO DA AUGA", orientándonos, por suposto, máis cara ó mar; así, na letra B, debuxamos unha balea (escollida democraticamente no faladoiro ou asemblea) empregando a técnica do PUNTILLISMO que nos encantou.
- APIs de Blogue
XOGAMOS COS NOSOS NOMES
A pasada semana estivemos a xogar cos nosos nomes, sobre todo, porque temos un compañeiro novo, Raúl, e tiñamos que familiarizarnos co seu. Así, establecimos comparacións de todo tipo: polo número de letras ou sílabas, pola inicial, por teren letras iguais, colocadas no mesmo lugar... e deste modo, "construímos" fermosas imaxes. Despois, xogamos a adiviñar a que obxectos se parecían... PASÁMOLO EN GRANDE XOGANDO COS NOSOS NOMES!
- APIs de Blogue
A NOSA PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO
O luns 19 de setembro tivemos a nosa primeira saída do curso: visitamos o Auditorio de Rianxo para asistir ó concerto "As músicas do cinema infantil" interpretado pola Banda da Escola de música de Rianxo. Desfrutamos A TOPEEEEE!...como ben podedes observar nestas fotiños
- APIs de Blogue
INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS CURSO 2011/2012.
As actividades lectivas iniciaranse o vindeiro LUNS 12 DE SETEMBRO DE 2011. Durante dita xornada o horario escolar será de 10:00 h. a 12:00 h.
A partires do Martes 13 de Setembro o horario escolar será o habitual: de 9:00 h. a 14:h.
Aproveitamos para saudalos desde a Escola de Abuín e dar a benvida a este novo curso que comeza, así como lembrar que o VENRES 16 DE SETEMBRO é festivo local en Rianxo e, polo tanto, será xornada non lectiva.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- seguinte ›
- última »