Escola de Abuin
CONTACONTOS PARA A PAZ: NEREA E "O HOMIÑO DE PAPEL".
Hoxe Nerea leunos o fermoso conto "El hombrecillo de papel". Gustounos moito facer un sombreiro e un barquiño de papel de xornal, tal como facía a nena do conto e buscar e escribir palabras fermosas coas que encher a recén lavada silueta do homiño.
- APIs de Blogue
CONTACONTOS PARA A PAZ
Durante toda esta semana os nenos e nenas de educación primaria da Escola de Abuín imos preparar e contar contos relacionados co tema da paz. Xogaremos a ser contacontos por un día!!! Aquí tedes algúns dos contiños que imos ler...
Marta: Grandes contra pequenos
- APIs de Blogue
UN GOLFISTA CON MOITO SWING...
Noel quixo compartir connosco a súa equipación para xogar o golf (gorra con luz incluída) e incluso prestóunola para dar uns golpeciños. Este mozo ten un bo swing SÍ SEÑOR! GRAZAS NOEL.
RAÚL TROUXO UN INSTRUMENTO "MAJORERO"
Raúl tróuxonos por sorpresa un instrumento "majorero", temos pendente investigar sobre o seu verdadeiro nome, trátase dunha cana de bambú cunha fenda que se agarra cunha man e se golpea coa outra. Ensinounos a tocalo e fíxonos moita graza o seu son. Grazas Raúl por ensinarnos tantas cousiñas da túa terra, es un galego-majorero xenial!
MARIÑA XA TEN UN FOGAR
Ola a todos e todas! estas dúas últimas semanas de curso tivemos unha boneca de neve viaxeira; puxémoslle un nome moi mariñeiro jeje: chámase MARIÑA. Nos nosos fogares e coa axuda das nosas familias fomos poñéndolle cousiñas: agora ten cabelo, ollos, orellas, brazos... e ata pestañas. O último día sorteámola e agora vai adornar o fogar de Marco e vivir un verdadeiro Nadal en familia. ATA SEMPRE, MARIÑAAAAA!
- APIs de Blogue
CELEBRAMOS O FIN DE ANO CUNHA GRAN GUSANITADA
Queda instituída na nosa escola a tradición de comer os gusanitos para celebrar o fin de ano, contamos coa presenza do acio de uvas-Nerea que foron estoupando ao ritmo dos doce toques de triángulo que o reloxo-Raúl marcou con moito tino. Pasámolo pipa, despedimos o ano e o trimestre con gargalladas, como ten que ser!
- APIs de Blogue
Marcapáxinas de "O peixe vermello"
Xa elaboramos os nosos marcapáxinas do peixe vermello, un peixe de papiroflexia, unha plumiña e uns depresores ben pintadiños e voilá! aquí está o resultado, bonitos non si?
- APIs de Blogue
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Na Escola de Abuín celebramos o Día dos Dereitos Humanos lembrando a figura de Rosa Parks, a primeira muller negra detida por non ceder o sitio no autobús a un branco; encantounos coñecer a anécdota que marcou a súa vida, ver fotos delas en internet, comentar sobre a súa historia... despois, plasmamos no libro de amigos e amigas de Daniel o que aprenderamos nestes debuxos...
- APIs de Blogue
VISITA Á AULA ACTIVA DO MAR E SESIÓN DE POLIDEPORTIVO.
Hoxe, martes 29 de novembro, acompañados polas escolas de Pazo e Rañó, os nenos e nenas da Escola de Abuín visitamos a aula activa do mar na que puidemos visionar dúas pelis moi interesantes, sobre o mar como fonte de alimentos e a súa conservación. Despois, fomos ó polideportivo no que o pasamos moi ben, realizando xogos centrados no noso corpo. Despois de repoñer forzas coa merenda, tamén houbo tempo para o xogo libre. ENCÁNTANOS IR Ó POLI!!!
- APIs de Blogue
OBXECTIVO: AFORRO DE AUGA.
Como seguimos a traballar no aforro da auga, agora dispoñemos duns bonitos dispositivos (reloxos de area) que nos van axudar a controlar o tempo do lavado de mans dunha forma divertida.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »