Escola de Abuin
AS MASCOTAS DE PAULA.
A nosa Paula é unha gran amante dos animais, de feito, na súa casa ten tantas mascotas que mesmo poderíase confundir cun zoo, je. Pois ben, as súas mascotas visitaron a nosa escola e fixeron as delicias dos nenos e nenas. Chispita (o hámster), o recén bautizado Maruxaino (a tartaruga de terra) e a tartaruga de auga sen nome viñeron de visita e Paula ensinounos moitas cousas novas sobre os seus coidados. GRAZAS PAULA!!!
- APIs de Blogue
CONTACONTOS PARA A PAZ: BRANCOS E NEGROS.
Para rematar a actividade CONTACONTOS PARA A PAZ, Anxo deleitounos co conto: "Brancos e negros", unha chulada de libro de David McKee, o creador do xa coñecido elefante Elmer.
- APIs de Blogue
A VISITA DO TRASNO PAPACONTOS.
A Escola de Abuín recibiu unha agradable sorpresa: alguén ía vir visitarnos, puxémonos moi pesados e estivemos toda a mañá pescudando, facendo preguntas á profe Ysa do tipo: quen vai vir?, cando ven? canto falta?... Cando xa estabamos convencidos de que sería a policía ou os bombeiros apareceu... un trasno subido nun paz-tinete preguntando pola nosa escola, deixounos coa boca aberta, incluso nos dou un pouco de medo, pero en canto dixo que estaba canso porque andaba a visitar ós nenos contando historias de paz... démonos conta de que era bo e o convidamos a pasar.
Era un trasno papacontos, que se chama coma o noso compañeiro Anxo e que nos lembrou que os contos alimentan a imaxinación; coas súas historias de paz animounos a plantarnos e berrar "NON ÁS GUERRAS" e a coidar a natureza abrazando as nosas árbores mentres nos presentaba a unha nena que se chamaba Fame, á miquiña da paz, a árbore atrapacontos... Invitámolo a voltar outro día, que trasno tan simpático!
- APIs de Blogue
CONTACONTOS PARA A PAZ: PEQUEÑA MASAI.
Raúl foi o encargado de ler "Pequeña masai", un libro que nos vai axudar a comprender un pouquiño mellor como é a vida nunha tribo africana. Cedo contaremos o noso libro estrela "Wangari e as árbores da paz" e atoparemos as semellanzas entre as formas de vida das dúas protagonistas.
- APIs de Blogue
CONTACONTOS PARA A PAZ: VOCES NA LAGOA DO ESPANTALLO.
Dentro da nosa Semana de CONTACONTOS PARA A PAZ, Marco leunos "Voces na lagoa do espantallo", unha historia moi divertida na que a cabezonería de dous homes os leva a liberar unha guerra sen sentido, bueno, como todas as guerras, non credes?
- APIs de Blogue
O HOSPITAL DE LIBROS.
Ola, presentámosvos o noso "hospital de libros". Como vedes, é un caixón que atopamos no recuncho dos aventureiros (a biblio da escola) e ó que van parar aqueles libros que precisan un arranxo. Cando temos un intre, nós mesmos os amañamos porque sabemos que UN LIBRO É MOI IMPORTANTE!
- APIs de Blogue
CONTACONTOS PARA A PAZ: GRANDES CONTRA PEQUENOS.
O mércores 25 de xaneiro a nosa compañeira Marta encargouse de lernos o conto: "Grandes contra pequenos", un conto moi bonito que nos fixo reflexionar sobre a valentía e a confianza nun mesmo. GRAZAS MARTA, FIXÉCHELO MOI BEN!!!
- APIs de Blogue
CONTACONTOS PARA A PAZ: NADARÍN.
Escoitamos a Rafael que nos contou "Nadarín", un bonito conto que nos fala do importante que é traballar todos xuntos, axudándonos uns ós outros.
- APIs de Blogue
MURAL DA ONDA
Por fin rematamos o mural do conto "La ola". Empregamos técnicas coma o carboncillo e a témpera moi augada extendida mediante o soprado. QUE BONITO!!!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »