Escola de Abuin
SESIÓN DE PROBADORES COA MESTRA JOSE
A mestra Jose preparounos unha nova sesión de probadores na que puidemos degustar novos produtos do mar: xardas e sardiñas QUE ESTABAN PARA LAMBER OS DEDOS! Mmmmmmmmm QUE RICOOO!! Grazas Jose, por ensinarnos a alimentarnos tan ben.
- APIs de Blogue
SESIÓN DE BIBLIOTECA E MÚSICA NA SEDE.
A nosa curiosidade fíxonos seguir a bandeira do barco de Daniel e para iso, navegamos ata a sede; alí atopamos a unha parella de piratas moi peculiares que nos ensinaron que o máis grandes dos tesouros está nos libros: o saber. Con eles compartimos o noso tesouro, o que nós mesmos construímos: o noso libro de Daniel.
Despois, continuamos aprendendo co mestre Rubén e a tempestade do mar...
GRAZAS A TODOS POR FACERNOS PASAR UNHA MAÑÁ TAN FANTÁSTICA!!!
así o vivimos e así o vimos...
- APIs de Blogue
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Comezamos a traballar sobre o Día das Letras Galegas e sobre o autor homenaxeado este ano: Valentín Paz Andrade.
- APIs de Blogue
HOXE É O ANIVERSARIO DE KEITH
Hoxe ao encender o ordenador atopámonos cunha bonita sorpresa, no google aparecían os debuxiños do noso amigo Keith. Hoxe, de seguir vivo, cumpriría 54 anos. Como os artistas viven eternamente no seu arte: FELIZ ANIVERSARIO KEITH!!!
- APIs de Blogue
JUSTIN NA PRAIA DAS CUNCHAS.
Ola, son Justin, aquí estou na praia das Cunchas. Esta praia está preto da miña casa e da nosa escola. Aquí xogo moito no verán e báñome cos meus irmáns: Christian e Nerea. Bicos a todos.
- APIs de Blogue
FACEMOS O REXISTRO DA BIBLIOTECA DE AULA CO ORDENADOR
Nun pasiño máis por coller destreza co ordenador, imos rexistrar semanalmente os empréstitos da biblioteca de aula, como di Marco: ISTO ARRASA!
- APIs de Blogue
SOROLLA: O PINTOR DO MAR.
Traballamos a obra de Sorolla: "Niñas en el mar"
Quixemos reflectir a transparencia no noso cadro e para isto investigamos e atopamos os resultados con materiais plásticos inespecíficos: obtivemos a transparencia da auga pasando un algodón impregnado en aceite corporal e a liquidez vaporizando as nosas obras con auga. Aquí, algunhas mostriñas...
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Celebramos o Día do libro elaborando os nosos propios libros conmemorativos: para primaria a nosa versión do "Don Quijote de la Mancha", para infantil "Don Martiño", uns libriños rimados que agora disfrutamos nos nosos fogares.
Tamén levamos ós nosos fogares un fermoso recordatorio cunha fotiño nosa lendo que imos gardar coma un tesouro...
- APIs de Blogue
OBRADOIRO CIENTÍFICO: OS MISTERIOS DA AUGA
Continuamos a traballar no noso obradoiro científico: "Os misterios da auga".
cos nosos experimentos aprendemos cousas sobre...
a tensión superficial da auga,
a condución do son mediante a auga
e a flotación en auga salgada.
- APIs de Blogue
NOEL PRESENTOUNOS Á SÚA MASCOTA
Recibimos a visita da mascota de Noel: unha fermosa cadeliña chamada "Golfa", de maior vai ser a gardiana de todo un campo de golf!!! Unha beleza.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »