SEMANA DO PROTAGONISTA

AMARO CUMPRIU 4 ANOS!!! QUE MAIOR!!!


Durante toda a semana foi o protagonista: compartiu connosco fotografías, xoguetes..., fixo as lábores de encargado e, axudado pola súa familia, traballou arreo confeccionando o seu libro, que agora xa forma parte da nosa biblioteca de aula.


O mesmo día do seu aniversario, Amaro compartiu connosco un rico biscoito do que demos boa conta e recibimos a visita dos seus papás, ós que queremos agradecer o bo rato que nos fixeron pasar contándonos as historias da familia. Amaro estaba encantado e é que...


ASÍ DA GUSTO CUMPRIR ANOS!!!




PARABÉNS!

Parabéns, Amaro, por eses catro anos tan ben aproveitados. Parabéns tamén por estudar nunha escola na que o podes celebrar dese xeito... Que boas ideas, as familias compartindo, as fotos, o libro... o biscoito... Unha festa moi especial... non hai máis que ver o elegantes que vos poñedes... Ata Uxía sacou a bufanda de plumas!!!! Que divertido. 

Longa vida tamén ás Escolas Rurais! 

Dália, o seu papá e a súa mamá. 

O PAPÁ DE AMARO

O PAPÁ DE AMARO FOI COMIGO Á ESCOLA!

E A SÚA SOBRIÑA ADALÍA ESTÁ DE ALUMNA NO CPI LORENZO BALEIRÓN DE DODRO. A QUE SÍ?

AGARDO A VOSA CONFIRMACIÓN.

MOITOS BICOS DE JOSE Beso