“Victoria Subirana: A PEDAGOXÍA TRANSFORMADORA”.

No mes de novembro, a mestra Mª Isabel Rodríguez Rozas, titora da Escola de Abuín, asistiu a un curso presencial sobre “A Pedagoxía Transformadora” impartido por Vicki Subirana que tivo a súa continuidade nun curso virtual voluntario do mesmo nome. Este foi un curso de formación que tivo como obxectivo fundamental formar a mestres, educadores e profesionais relacionados co mundo da infancia e da educación en xeral (psicólogos, psicopedagogos, educadores sociais, titores de menores…), incluíndo a formación de adultos e a orientación de pais na metodoloxía da PEDAGOXÍA TRANSFORMADORA.

 

QUE É A PEDAGOXÍA TRANSFORMADORA?

Nun principio, a implementación da Pedagoxía Transformadora levouse a cabo no Nepal, educando a nenos e nenas dos estratos sociais máis desfavorecidos do país. Despois de vinte anos de éxito, e debido ás deficiencias nas ensinanzas tradicionais claramente orientadas á competitividade, este método está sendo solicitado a nivel nacional e internacional, porque é capaz de dar saída ás necesidades do século XXI que, ademáis de apostar por materias académicas de tipo técnico-científico, defende o ensino de valores, virtudes, a formación do carácter e a relación entre as persoas, a través dunha materia integrada no currículo denominada “Madurez Mental”.

 

QUEN É VICKI SUBIRANA?

         Victoria Subirana, máis coñecida como Vicki Sherpa, é unha mestra catalana que traballa dende hai máis de 20 anos no Nepal; na actualidade implementa, en colaboración co Ministerio de Educación nepalí un proxecto educativo baseado nos seus propios métodos pedagóxicos que ela mesma, decidiu chamar “A Pedagoxía Transformadora”. É a fundadora da ONG “Fundación EduQual”. Vicki Sherpa ve aumentada a súa sona coa publicación dun libro biográfico: “Una maestra en Katmandú” e a súa inquedante vida inspirou a película “Katmandú, un espejo en el cielo” dirixida por Icíar Bollaín.

 

 

 

http://www.mujeresviajeras.com/vicky-sherpa-entregada-a-los-ninos-de-nepal/

 

http://mujeresimprescindibles.blogspot.com.es/2012/03/victoria-subirana-vicki-sherpa-por.html

 

Enlace á Fundación EduQual – Educación de calidad para todos: http://vickysherpa.org/

 

 

  

Un espejo en el cielo: documental http://www.youtube.com/watch?v=n0QguhPii6o

 

Noticias: La UNED en Nepal (breve intervención de Vicky) http://www.youtube.com/watch?v=iROUyvp74Sc