OS PARAUGAS DE MATT LAMB POLA PAZ

Este curso, as escolas do C.R.A. de Rianxo decidimos participar no

PROXECTO PARAUGAS DE MATT LAMB POLA PAZ.

Como xa os nenos e nenas das escolas ben saben, Matt Lamb foi un pintor americano de orixes irlandesas de coñecido prestixo (as súas obras chegaron a expoñerse de forma conxunta coas do xenio Dalí). Este pintor deuse a coñecer mundialmente cando no ano 2002 reuniu a un grupo de cativos no seu estudo-obradoiro de Nova York para pintar uns paraugas. Lamb tomou o paraugas como un símbolo no que os nenos e nenas podían debuxar na parte exterior: os seus desexos e inquedanzas... e na parte inferior: os medos, problemas... Estos cativos eran fillos de víctimas dos atentados do 11S e, máis tarde, expuxéronse nos outeiros do Capitolio. Lamb era un pacifista declarado que cría que a arte podía cambiar o mundo e tiña un soño: ver a dous inimigos pintando xuntos. Xa falecido (morreu no ano 2012) o seu proxecto continúa vivo e expandiuse a moitos países, sobrevivindo no espazo e no tempo.

Os nenos e nenas da Escola de Abuín pintamos varios paraugas, algúns libremente, outros dun xeito máis dirixido... pasámolo xenial!!  este que vos amosamos é o noso favorito: quixemos reflectir a historia de Wangari que tanto nos gusta, as árbores son as nosas mans... e tamén podedes ver a Wangari subida ao monte Kenia e os paxaros que voltaron para aniñar (que xa estaba a chegar a Candeloria Guiño)