A NOSA ESCOLA CONVERTEUSE NUN LABORATORIO

GUSTÁRONNOS TANTO OS EXPERIMENTOS QUE FIXEMOS CON LORENA NO OBRADOIRO DE PROXECTO HORIZONTE 2030 QUE QUIXEMOS REPETILOS NA NOSA ESCOLA.

FIXEMOS MESTURAS E OBSERVAMOS CÓMO A POVIDONA IODADA DILUIDA EN AUGA CAMBIA DE COR EN CONTACTO COA PATACA E VOLTAMOS A OBSERVAR O PESO DOS LÍQUIDOS BOTANDO NO MESMO RECIPIENTE AUGA, CARAMELO LÍQUIDO E ACEITE.

 

 

 

APROVEITAMOS TAMÉN QUE AMARO TROUXO Á ESCOLA UN LIMÓN UN POUCO RARO. EXPERIMENTAMOS COS SENTIDOS: VIMOS A SÚA COR, A FORMA, O PESO, O OLOR, O TACTO, O SABOR... ESTE FROITO COÑÉCESE XA DENDE OS TEMPOS DO IMPERIO ROMANO COMO A MAN DE BUDA, OU DEDOS DE BUDA.

COMEZOU A EMPREGARSE PARA FACER MEDICIÑAS ATA QUE DESCUBRIRON OUTROS USOS. NA ACTUALIDADE, EMPRÉGASE PARA A ELABORACIÓN DE ACEITES ESENCIAIS E PERFUMES. NA COCIÑA CASE NON SE EMPREGA POIS A SÚA CARNE É ÁSPERA E MOI ÁCIDA. AÍNDA TEMOS UN ANACO NA ESCOLA, QUE AGORA ULE QUE ARRECENDE.

  

COMPROBAMOS A PERSISTENCIA DA VISIÓN. CANDO MIRAS FIXAMENTE ALGO E LOGO MIRAS CARA OUTRO LUGAR, O TEU CEREBRO LEMBRA A IMAXE ANTERIOR DURANTE UNHA FRACCIÓN DE SEGUNDO. CUNHAS TARXETIÑAS QUE TIÑAN NUNHA CARA UNHA GAIOLA E NA OUTRA UN PAXARO, XIRÁNDOAS RAPIDAMENTE CHEGAMOS A VER O PAXARO ENGAIOLADO. AS PELÍCULAS TAMÉN SE BASEAN NA "PERSISTENCIA DA VISIÓN", MAIS ESTAS AMOSAN MÁIS IMAXES NUN SEGUNDO, OFRECENDO UN EFECTO MOITO MÁIS NATURAL.

 

 

E O ÚLTIMO EXPERIMENTO FOI COMPROBAR A DIFICULTADE DE MONTAR UN CREBACABEZAS A CEGAS! SORPRENDENTE O DIFÍCIL QUE É.

 

APRENDIMOS MOITO E QUEDÁMONOS CON GANAS DE MÁIS!