25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

CONMEMORAMOS ESTA DATA TAN SIGNIFICATIVA COA LECTURA DO CONTO "O LIBRO DOS PORCOS" PORQUE CONSIDERAMOS QUE É IMPORTANTE AMOSARLLES AOS NOSOS NENOS E NENAS QUE A VIOLENCIA NON SE MANIFESTA SÓ CON GOLPES OU INSULTOS, QUE HAI OUTRAS FORMAS DE VIOLENCIA ENMASCARADAS COMO PODEN SER OS MALOS XESTOS, OS BERROS, AS PALABRAS POUCO AMABLES QUE NON SEMPRE PODEN SER CONSIDERADAS COMO INSULTOS EN SI MESMAS... OS NENOS E NENAS DESTA ESCOLA FORON CAPACES DE RECOÑECER SEN DIFICULTADE QUE A FORMA NA QUE O SEÑOR PORCÓN E OS SEUS FILLOS PIDEN AS COUSAS Á NAI NON É A MÁIS AXEITADA, COMO NEGAN A COLABORACIÓN E NINGUNEAN Á NAI QUE NIN SEQUERA TEN UN NOME NO LIBRO! AGORA A SEÑORA PORCÓN CHÁMASE NATI (PORQUE NOS GUSTOU Risa).

 

 

COMPARAMOS AS TAREFAS QUE FACÍA A NAI ANTES E DESPOIS 

 

          

E RECOLLIMOS O APRENDIDO NO LIBRO DE DANIEL.

 

 

 

COMPRENDIMOS A IMPORTANCIA DE FALARNOS BEN: SEN BERRAR E DICIRNOS UNS AOS OUTROS COUSAS BONITAS

E ASÍ CONSTRUÍMOS A NOSA ARAÑEIRA, UN TRABALLO DO NOSO EQUIPO, POIS SE UN A SOLTABA A ARAÑEIRA DESFACÍASE.

 

  

 

 

E XOGAMOS COAS EMOCIÓNS A POÑER CARA DE E ADIVIÑAR, AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS PARA QUE XOGUEDES CONNOSCO. TEÑO CARA DE....