Novas
Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto, axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria. Curso 2023-2024.
Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B).
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 20 de maio de 2022 ao 21 de xuño de 2023.
Solicitudes: deberemos presentar na sede do CRA en Asados debidamente cumprimentados o Anexo I e o Anexo II.
As solicitudes presentaranse no centro onde o alumno/a estea matriculado no vindeiro curso 2022-2023. Os nenos/as que marchan este ano deberana entregar nos centros receptores.
Téfefonos centros receptores A.D.R. CASTELAO: 881 86 68 61
C.E.P BREA SEGADE: 881 86 70 46
Horario de presentación das solicitudes na sede do CRA de Rianxo (Asados):
Luns: 9:15- 9:45 e de 12:30 a 14:00 h.
Martes de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.
Mércores: de 10:00 a 10:45 h.
Xoves: de 09:00 a 13:00 h.
Para calquera dúbida poden chamar aos seguintes teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal
Modalidade de presentación de solicitudes:
- Por vía electrónica:
Mediante a aplicación informática "fondolibros"
- Por vía presencial, no centro:
Enlace ao documento: Anexo I e Anexo II
Dispoñeremos de solicitudes impresas dos Anexos I e II na sede do CRA por si algunha familia tivera dificultades para descargalos da web. Distribuiremos copias
das solicitudes polas escolas por si alguén as necesita, comunicádevos c@s titor@s d@s vos@s fill@s.
- APIs de Blogue
Axudas á conciliación para o coidado de fillos/as menores
AXUDAS CONCILIACIÓN
No DOGA do 12 de xuño de 2020 publícase RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI440A)
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, homes e mulleres (neste último caso só se son familias monoparentais) que no período comprendido, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020 ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
AXUDAS CONCILIACIÓN DERIVADAS DAS CONSECUENCIAS DA COVID 19
Por outra parte e relacionado coa conciliación a Xunta publicita unha liña de axudas específicas relacionadas coas consecuencias da COVID:
ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono coidado extraordinario (código de procedemento BS900C).
- APIs de Blogue
Admisión curso 2020-21
Todo as solicitudes de nova admisión para o vindeiro curso 2020-2021 foron admitidas. A listaxe provisional está exposta na sede en Atalaia Asados, tal e como estipula a normativa vixente.
Atendendo a esa mesma normativa, ábrese un prazo de tres días hábiles para as posibles reclamacións. De non existir reclamacións, a lista definitiva sairá publicada o vindeiro martes, día 26.
- APIs de Blogue
Fondo libros 2020-21
A consellería de Educación ven de publicar as instruccións para solicitar as axudas do Fondo Libros.
Achegasevos enlace á folla Fondo Libros da Consellería de Educación
Recoméndase a presentación telemática, non obstante quen teña que facela presencial, antes chame ao centro ben ao 981863305 ou ao 620635295.
Os alumnos e alumnas que para o curso que ven cambien de centro deben poñerse en contacto cos centros respectivos. Sempre antes de ir chamar por teléfono.
CEIP CASTELAO INSTRUCCIÓNS TELEFONO 881866861
CEP BREA SEGADE 881867046
CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ INSTRUCCIÓNS, TELEFONO 881867175
- APIs de Blogue
Titorización do alumnado durante o estado de alarma
Na Aula Virtual do Portal educativo do Cra de Rianxo están aloxadas as indicacións do profesorado co respecto á titorización do alumnado durante o Estado de alarma
Aula Virtual. Curso 2019-2020 (Escola Rosalía de Castro). Titoría: Sol Beiroa
(Entrar como Convidado ou Convidada)
Galerías de imaxes con actividades realizadas durante o Estado de alarma. Ver álbum de imaxes DIARIO DA CORENTENA na Aula Virtual, Curso Luzada-Escola Rosalía de Castro.
Imaxes (escolma) e enlaces a videos do Diario da corentena:
DE REFUXIAD@S SAHARAUÍS |
contado por Elena e Petra |
investigación de Eira e Elisa |
HABÍA UNHA VELLA CHAMADA LUCÍA recitado por Eira e Elisa |
contado por alumnado e familias |
contado por María R. León |
celebración en confinamento |
cantado por Emilio (e Emilio) Saborido |
música de Adrián, Carlos e Ana |
nós tamén somos artistas |
investigación de Icía, Adrián e Ana |
contado por Petra |
Normalización CRA de Rianxo |
(fotografías con perspectiva forzada) |
explicacións de Aly, pai de Anta |
a expectación e o misterio da Natureza |
experiencias compartidas |
|
- APIs de Blogue
Aviso familias Relixión
Estades todos e todas invitados e invitadas a participar da google classroom "Imos a Reli". Só precisades ter aberta unha conta de gmail para apuntar as vosas crianzas. Ao entrar na aplicación en "apuntarse a una clase" introducides os seguinte código s7k5abz e listo. É unha aplicación que tamén serve para móviles e tabletas. Animádevos a participar. Un bico a profe Celia.
- APIs de Blogue
Aula virtual do C.R.A. de Rianxo
Para manter a comunicacion coas familias e coas nosas alumnas e alumnos o profesorado do C.R.A. están a preparar a traves da aula virtual do centro e doutras aplicacións telemáticas recursos diversos para que podades disfrutar de contos, xogos e cancións.
Na aula virtual os contidos poñeranse en acceso libre polo que non vai ser necesario rexistrarse. Pronto vos daremos mais novedades.
Para comezar deixamos aquí o enlace ao conto A Cebra Camila.
---
A Sociedade Española de Ornitoloxía abre, coma nas últimos anos, unha "xanela diaria á vida salvaxe" coa posta en marcha dunha rede de cámaras webs que transmiten en directo o proceso de cría de especies emblemáticas da fauna ibérica como o voitre negro ou o lagarteiro das torres.
Neste momento hai operativas 4 cámaras:
Voitre negro. Rascafría. P.N. Sierra de Guadarrama
Curuxa común. P.N. Cabañeros
Lagarteiro das torres (Cernícalo primilla) P.N. de Cabañeros
AVISO FAMILIAS RELIXIÓN:
Estades todos e todas invitados e invitadas a participar da google classroom "Imos a Reli". Só precisades ter aberta unha conta de gmail para apuntar as vosas crianzas. Ao entrar na aplicación en "apuntarse a una clase" introducides os seguinte código s7k5abz e listo. É unha aplicación que tamén serve para móviles e tabletas. Animádevos a participar. Un bico a profe Celia.
- APIs de Blogue
Información Coronavirus
A Consellería de Educación puxo na súa páxina web diversa información sobre o Coronavirus.
SÍNTOMAS:
Febre, tose, sensación de falta de aire
RECOMENDACIÓNS BÁSICAS:
- Lavar as mans frecuentemente
- Non tocar os ollos a nariz ou a boca
- Ao tusir cubrir a boca cun pano desbotable, ou contra o brazo
- Con síntomas respiratorios evitar contacto próximo con outras persoas
- No caso de sospeita de infeccións non acudir directamente ao centro de saúde senón contactar co 061
- APIs de Blogue
Dereitos das nenas e dos nenos
No ano 2019 celebramos o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ven de promover unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.
Enlace á folla na que descargar os textos
- APIs de Blogue