Avisos
Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto, axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria. Curso 2023-2024.
Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B).
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 20 de maio de 2022 ao 21 de xuño de 2023.
Solicitudes: deberemos presentar na sede do CRA en Asados debidamente cumprimentados o Anexo I e o Anexo II.
As solicitudes presentaranse no centro onde o alumno/a estea matriculado no vindeiro curso 2022-2023. Os nenos/as que marchan este ano deberana entregar nos centros receptores.
Téfefonos centros receptores A.D.R. CASTELAO: 881 86 68 61
C.E.P BREA SEGADE: 881 86 70 46
Horario de presentación das solicitudes na sede do CRA de Rianxo (Asados):
Luns: 9:15- 9:45 e de 12:30 a 14:00 h.
Martes de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h.
Mércores: de 10:00 a 10:45 h.
Xoves: de 09:00 a 13:00 h.
Para calquera dúbida poden chamar aos seguintes teléfonos: 629650523 ou 981863305, ou no enderezo: cra.rianxo@edu.xunta.gal
Modalidade de presentación de solicitudes:
- Por vía electrónica:
Mediante a aplicación informática "fondolibros"
- Por vía presencial, no centro:
Enlace ao documento: Anexo I e Anexo II
Dispoñeremos de solicitudes impresas dos Anexos I e II na sede do CRA por si algunha familia tivera dificultades para descargalos da web. Distribuiremos copias
das solicitudes polas escolas por si alguén as necesita, comunicádevos c@s titor@s d@s vos@s fill@s.
- APIs de Blogue