Novas

AXUDAS ECONOMICAS VITIMAS VIOLENCIA XENERO - PAGAMENTO UNICO

Información de Servizos Sociais Área de Muller

CONCELLO DE RIANXO

Abriuse o prazo para solicitar Axudas Económicas para Vítimas de Violencia de Xénero (Pagamento Ünico).
Déixovos o link para acceder á web do concello:
http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=68&idIdioma=2&int1=111&volver=%3FidMenu%3D1%26idIdioma%3D2

Rosana Viturro
Psicóloga
Servizos Sociais - Concello de Rianxo

Axudas para fillos menores

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2008.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos fillos/as, en que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

Secretaria xeral da Igualdade, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar  Acceso áo D.O.G.

Os alumnos e alumnas de Primaria visitan o Instituto Galego de Consumo

Mañán mércores 20 de Febreiro os alumnos e alumnas de Educación Primaria do C.R.A. de Rianxo visitan o Instituto Galego de Consumo. Alí teñen deseñados varios talleres: Taller sobre etiquetado e Taller sobre xoguetes.

En Rianxo a 19 de Febreiro de 2.008

CUESTIONARIOS P.E.C. PARA AS FAMILIAS E O PROFESORADO

Mañán mércores 20 de Febreiro, entregaranse as familia dos alumnos e alumnas do C.R.A. os cuestionarios P.E.C., dentro da primeira fase de recollida de información para a revisión do P.E.C. Os cuestionarios cubertos recolleránse o próximo martes 26 de Febreiro.

Estes cuestionarios forman parte do proceso de revisión do P.E.C. do C.R.A. de Rianxo. Con eles  preténdese ter unha visión actualizada da percepción que tanto o profesorado como aos pais e nais teñen do traballo educativo no C.R.A. de Rianxo.

Os cuestionarios son anónimos e voluntarios. Cubrilos non obstante será unha maneira de contribuir a axustar o traballo docente ás demandas e necesidades de toda a comunidade educativa, polo que o Grupo de Traballo que está coa tarefa de revisión do P.E.C., agradece a vosa colaboración e esforzo.

CUESTIONARIO PARA O PROFESORADO

Rianxo a 19 de Febreiro de 2.008

Distribuir contido