Novas
NADAL CULTURAL 09
AQUÍ TEMOS NOVAS OFERTAS PARA DISFRUTAR DA PROGRAMACIÓN
" NADAL CULTURAL 09 "
- APIs de Blogue
CONVITES MUSICAIS
RECIBIMOS DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO OS SEGUINTES CONVITES MUSICAIS:
"Temos o pracer de convidarvos aos Concertos que vai realizar a Banda da
Escola de Música de Rianxo:
*Venres día 27 de Novembro ás 21h00 no Auditorio de Rianxo, Concerto
de Sta. Icía, xunto coa Banda de Música Municipal de Valga.
*Sábado día 28 de Novembro ás 20h00 no Auditorio de Galicia, III
Certame Galego.
O Concello de Rianxo porá un autobús para
acompañarnos, con saída do Auditorio de Rianxo ás 19h00".
- APIs de Blogue
O MUNDO EN GALEGO
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e OQO Editora traen a Rianxo a campaña:
" O mundo en galego".
O mércores, xoves e venres desta semana pais e nais , nenos e nenas, mestres e bibliotecarios estamos convidados a mergullarnos nos costumes, linguas e culturas doutros pobos sen necesidade de saír da Biblioteca Municipal
Menuda viaxe nos espera!!!
( se queres ter máis información pincha aquí )
- APIs de Blogue
Adquisición de libros de texto
A Consellería de Educación ven de abrir un enderezo electrónico con información da nova campaña " Gratuidade solidaria" para a adquisición de libros de texto para o presente curso escolar.
Se queredes consultalo pinchade neste enlace:
Enderezo "Gratuidade solidaria"
- APIs de Blogue
Banda deseñada na Biblioteca Municipal
O sábado 25 de Abril ás 11:00 da mañán terá lugar un Obradoiro de iniciación á Banda Deseñada.
Mais información na Web do Concello de Rianxo
- APIs de Blogue
Admisión de alumnos/as para o curso 2009-2010
Dende o 2 ata o 31 de Marzo, permanecerá aberto o prazo para a solicitude de admisión no C.R.A. de Rianxo para o curso 2009-10
- Documentación:
- Solicitude de admisión, follas 1, 2 e 3
- Fotocopia da folla do libro de familia na que está anotado o alumno ou alumna
- Certificado de empadroamento (obténse nas oficinas do Concello)
- Os modelos para a solicitude están dispoñibles:
- Na Sede do C.R.A. en Atalaia Asados, Escolas Antigas
- Nas Escolas
- Nesta web
- Na web da Consellería de Educación
- Unha vez cubertos e asinados entregaránse antes do 31 de Marzo ben na Sede do C.R.A., ben nas Escolas .
- Documentación que se pode baixar desta web:
- Documentos de solicitude e información (formato pdf)
- Vacantes en cada unha das escolas. Naquelas
escolas nas que as vacantes sexan inferiores á demanda de prazas,
abrirase un procedemento selectivo conforme ao disposto no Decreto de
Admisión 30/2007 - Telefonos das escolas
- Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do
alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten
as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación.
- Documentos de solicitude e información (formato pdf)
LÉMBRASE QUE O PROCESO DE MATRÍCULA CONCLUIRÁ NO MES DE XUÑO CANDO O
EQUIPO DIRECTIVO DÉ INSTRUCCIÓNS PARA PROCEDER Á FORMALIZACIÓN DA
MATRÍCULAS A TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS ADMITIDOS E ADMITIDAS.
- APIs de Blogue
Axudas immersión lingüísitica
A consellería de Educación ven de convocar axudas para inmersión lingüística para o presente curso 08-09, para alumnos e alumnas de Educación Secundaria e 6º de E. Primaria.
- APIs de Blogue
VISITA AO C.E.P. BREA SEGADE DE TARAGOÑA
O vindeiro Xoves día 5 de Xuño os alumnos e alumnas das Escolas de Cuvide, Cruceiro e Capela que para o vindeiro curso vaian ao C.E.P. Brea Segade, visitarán o Colexio, e participarán en diversas actividades e xogos cos nenos e nenas que para o vindeiro curso serán seus compañeiros/as
VISITA AO COLEXIO CASTELAO
O vindeiro Venres día 30 de Maio, os nenos e nenas de 2º de E.P. das escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza visitarán o Colexio Castelao.
- APIs de Blogue
VISITA DOS ALUMNOS DO C.E.I.P. CASTELAO AO C.R.A
Dentro das diversas actividades de coordenación entre o C.R.A. e os Colexios Receptores, que se veñen realizando, (intercambio de correspondencia, visita aos colexios, ... ), este curso realizárase a actividade comezada o curso pasado consistente en que alumnos e alumnas do Colexio Castelao, visiten as Escolas, en concreto as escolas de Abuin e de Quintáns.
Nesta actividade participarán os profesores titores de 2º do Colexio Castelao, as profesoras especialistas de Educación Física, de Idioma Moderno e de Educación Musical e os orientadores do Colexio Castelao e do C.R.A. de Rianxo.
Os nenos e nenas que necesiten transporte (Escola de Pazo e de Rañó e Vacariza) facerano en transporte escolar, e o horario de entradas e saidas previsto para esta xornada será o habitual.
VISITA DOS ALUMNOS/AS DE 2º DO C.E.I.P. CASTELAO AS ESCOLA DO C.R.A.
DATA: MERCORES 30 DE ABRIL DE 2007
ESCOLAS ANFITRIONAS: ABUIN E QUINTÁNS
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »