2009-2010

DE PROFESIÓN, MÚSICOS

HOUBO UN TEMPO NO QUE, NA ESCOLA DE CRUCEIRO, FOMOS MÚSICOS...

OFICIOS

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

                                                             

                                           

 

LUME !!

Non hai moito tempo había un bosque vello e fermoso onde vivían moitos animais.
Un día algo pasou que fixo ladrar ao can... "


 

O XOVES 18, A COMPAÑÍA DE TEATRO BABALUVA PORÁ EN ESCENA PARA TÓDOLOS ALUMNOS DO C.R.A. DE RIANXO  UNHA OBRA DE TEATRO BASEADA NO CONTO " LUME " DA EDITORIAL XERAIS.

POLIDEPORTIVO

Durante esta semana e a semana vindeira realizaranse as sesións trimestrais de psicomotricidade no Polideportivo Municipal de Rianxo.

O alumnado do C.R.A. complementará esta actividade cunha visita á  Aula Activa do Mar.

Para ver novas relacionadas con esta, preme aquí

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 
 PARA FALAR NA ESCOLA DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
NADA MELLOR QUE VEÑAN Á ESCOLA AS MULLERES,
AVOAS, MAMÁS E TRABALLADORAS.
 ( non poideron vir todas, pero tivemos unha boa representación) 
 
 
FALÁRONNOS DOS SEUS TRABALLOS 
( MARISCADORA, CARPINTEIRA, CAMAREIRA,...) E DO COMPLICADO QUE PODE RESULTAR CONTINUAR COS SEUS OFICIOS E COIDAR DA FAMILIA.
PARA ELAS, PARA TODAS NÓS, VAI O NOSO DESEXO DE PODER CONTAR COA  MAIOR COLABORACIÓN POSIBLE PARA QUE TODO SEXA MÁIS SINXELO.
 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

   
8 de marzo na Escola de Cruceiro
   

CONCERTO

DKD Dúo, formado polos mozos rianxeiros Iago Hermo (Piano) e Antón Alcalde (Percusións) inaugura os concertos do Ciclo de Música de Cámara 2010 organizados pola Escola de Música de Rianxo.

O concerto de DKD Dúo terá lugar o domingo 7 de marzo ás 19:30 no Auditorio de Rianxo. 

AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS:

SEI QUE LEVADES TRABALLADO MOITO NOS VOSOS CADERNOS DA BIBLIOTECA!!

SEI DOS CONTOS QUE VOS FIXERON RIR, E DOS QUE VOS ASUSTARON, DOS QUE VOS EMOCIONARON E DOS QUE VOS SORPRENDERON...

SEI ISTO POLO QUE ME CONTAN AS VOSAS MESTRAS E MÁIS POLO QUE VEXO NESTE, O NOSO PORTAL.

PERO CHEGOU XA O MOMENTO DE QUE AS PORTAS DA NOSA BIBLIOTECA EN ASADOS VOLVAN ABRIR PARA QUE SEXADES VÓS, COS VOSOS CARNÉS E CADERNOS, QUEN POIDADES CONTÁRNOLO...

...E NÓS ESCOITARÉMOSVOS.

E , UNHA VEZ MÁIS, TODOS XUNTOS DESCUBRIREMOS A MAXIA DOS CONTOS.  

(COMO XA LLE PASOU A NOSA PROFESORA E AMIGA ADRIANA.

 MIRADE, MIRADE AQUÍ ...) 

UNHA APERTA DO VOSO AMIGO

DANIEL 

AULA DE MÚSICA E BIBLIOTECA

DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DO MES DE MARZO, TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. DESPLAZARANSE Á SEDE DO CENTRO ( EN ATALAIA, ASADOS ) PARA REALIZAR AS SESIÓNS TRIMESTRAIS DE MÚSICA E BIBLIOTECA.

A MAXIA CHEGA Á BIBLIOTECA DO C.R.A. DE RIANXO

OLA NENOS E NENAS DO C.R.A!!

COMO XA VOS CONTARÍAN AS PROFES PARA A PRÓXIMA SEMANA VOLVEREDES A VISITAR A BIBLIOTECA DO NOSO C.R.A.

¿QUEREDES QUE VOS CONTE UN SEGREDO? O NOSO AMIGO DANIEL PASOU POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA DARME UNS CONSELLOS E QUE ASÍ TODOS E TODAS O PASEMOS MOI BEN...

PERO NON SÓ ISO... TAMÉN ME DEIXOU UNHA BOLSIÑA E UNHA MENSAXE!!

COMO NON ME DABA A PACIENCIA DE ESPERAR AO LUNS PARA SABER O QUE ERA ABRINA!! E SABEDES QUE ATOPEI ALÍ... UNHA MOEDA E UNS POLVIÑOS CUNS PODERES ESPECIAIS!! ¿¿SABEDES QUE PODERES SON?? POIS CERRANDO OS OLLOS E APRETÁNDOA NA MAN MOI MOI FORTE CONCÉDENOS UN DESEXO, ¿SABEDES CAL? A MAXIA DOS CONTOS!! 

¿¿SABEDES UNHA COUSA MÁIS?? EU PENSEI QUE ERA MENTIRA!! ¿COMO ÍA SER VERDADE ESO DA MAXIA DOS CONTOS?? PERO.... CERREI OS OLLOS E APRETEI A MOEDA MOI, MOI FORTE!! E AGORA... A BIBLIOTECA DO C.R.A. DE RIANXO ESTÁ CHEA DE MAXIA!!!

ESPÉROVOS A TODOS E TODAS PARA COMPARTIR A MAXIA DOS CONTOS!! 

Distribuir contido