Educación Musical
A CHARANGA DE ESPECIALISTAS DO C.R.A. INTERPRETA "A CHARANGA TIPITANGA"
Os mestres e mestras especialistas elaboramos esta proposta musical onde convidamos ó noso alumnado a participar no acompañamento instrumental desta canción. Para iso xuntámonos neste vídeo onde nos poderedes ver e escoitar interpretando distintos ritmos usando como instrumentos obxectos variados.
É de agradecer o nivel de implicación que amosaron os compañeiros e compañeiras para levar a cabo esta actividade de colaboración coa materia de música. Temos unha chea de artistas!
E ti... ÚNETE A NÓS!
- APIs de Blogue
"E ti, só ti"
Aquí podedes ver o vídeo que realizamos na sesión de música as nenas e os nenos do C.R.A. coa canción "E ti, só ti" do grupo El Diluvi na versión que fixo Sés.
Nel amosamos como as nenas e os nenos realizan os mesmos traballos sen ser discriminados polo seu sexo. Ademáis, facémolo da maneira que máis nos gusta...
cantando e bailando!
- APIs de Blogue
CONCERTO DIDÁCTICO
O MARTES 18 DE SETEMBRO O ALUMNADO E PROFESORADO DO CRA DE RIANXO PARTICIPOU NUN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO PROPOSTO POLA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO.
NESTA OCASIÓN, 1 TUBA, 1 BOMBARDINO E 2 TROMBÓNS ACHEGARÁRONNOS Á MUSICA DE CINE.
- APIs de Blogue
O PATRIMONIO MUSICAL DE RIANXO
Ó longo deste curso estivemos traballando arredor dun proxecto común baixo o título "o noso patrimonio cultural".
En música tamén quixemos investigar sobre o patrimonio musical de Rianxo e así foi como nos atopamos con moitas cantigas que falan da nosa vila e que son un legado moi valioso que se herdou de xeración en xeración. Tamén observamos que moitas destas cantigas agóchanse na memoria dos nosos maiores e aí permanecen, condenadas ó esquecemento.
A nosa labor foi sacalas de novo á luz, poñelas nas bocas das rianxeiras e rianxeiros máis novos para conseguir manter viva a nosa música por moitos anos máis.
QUEREDES ESCOITALAS?
- APIs de Blogue
CONVIDADOS POR DANIEL
CONVIDADOS POLO AMIGO DANIEL COMPARTIMOS UNHA MAÑÁ DE HISTORIAS, XOGOS E MÚSICA
- APIs de Blogue
CONCERTO DIDÁCTICO
OS DÍAS 27 E 28 DE OUTUBRO, AS AULAS DO CRA DE RIANXO DESPLAZÁRONSE AO AUDITORIO DE GALICIA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, PARA ASISTIR AO CONCERTO DIDÁCTICO "ACÁBATE LA SOPA!"
- APIs de Blogue
CONVIDACIÓN DE DANIEL
GRAZAS Á CONVIDACIÓN DE DANIEL PASAMOS UNHA FANTÁSTICA XORNADA ENTRE MONSTROS, LIBROS, MÚSICA E AMIGOS
- APIs de Blogue
CONCERTO DIDÁCTICO
O LUNS 22 DE RIANXO, DE 10:00 A 11:00 HORAS, O ALUMNADO DO CRA ASISTIU A UN CONCERTO DIDÁCTICO DE VOZ E PIANO NO AUDITORIO MUNICIPAL.
A SESIÓN MUSICAL FOI INTERPRETADA POLO DÚO DE JAZZ DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
- APIs de Blogue
PEDRO E O LOBO
A Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave, e os títeres do grupo Per Poc interpretan "Pedro e o lobo" de Sergei Prokofiev, conto sinfónico no que cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía característica. Un espectáculo con marionetas de fío deseñadas pola ilustradora Roser Capdevila.
O CRA DE RIANXO ASISTIU Á REPRESENTACIÓN NO AUDITORIO DE GALICIA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, NAS MAÑÁS DO XOVES 20 E VENRES 21 DE FEBREIRO
ver a nova en
- APIs de Blogue
CONVITE DE DANIEL
CON RAZÓN DICÍA DANIEL
QUE TIÑAMOS QUE IR A SÚA (NOSA) BIBLIOTECA ...
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »