CONVITE DE DANIEL

CON RAZÓN DICÍA DANIEL
QUE TIÑAMOS QUE IR A SÚA (NOSA) BIBLIOTECA ...

BIBLIOTECA DE DANIEL Enviado

BIBLIOTECA DE DANIEL

HOLA A TODOS!! GRACIAS POR FACER TODO ESTO PARA OS NENOS. SON A MAMÁ DE RITA E CREO QUE O REI SINDO E A RAÍÑA ADOLFINA ESTUVERON ESTUPENDOS!!! POLO QUE ESCOITEI OS NENOS VIÑERON MOOI CONTENTOS.

OLA ERES A MAMA DE RITA DE

OLA ERES A MAMA DE RITA DE OURILLE QUE VEN A ESCOLA DE CRUCEIRO? Risa

RITA DE CRUCEIRO E TODOS NOS

SON A MAMA DE RITA QUE VAI A

SON A MAMA DE RITA QUE VAI A CRUCEIRO Sorriso ACABO DE DESCUBRIR OS COMENTARIOS PERO CREO QUE NON O PUXEN ONDE DEBÍA. AÍNDA NON SEI MOI BEN COMO VAI ESTO NIN QUEN PODE VER OS COMENTARIOS PERO VALORO MOITO A LABOR QUE FACEDES NO CRA DE TER ESTA PÁXINA ACTUALIZADA. PROCURO VISITALA CASE TODOS OS DÍAS E SEGUIR UN POUCO O QUE FACEDES, E UNHA MANEIRA DE ESTAR UN POUCO MÁIS CERCA XA QUE POR MOTIVOS LABORALES ESTOU FÓRA TODO O DÍA. SAÚDOS!!!Risa

Ola, mamá de Rita

novo

Ola, Rosa María!
Seguro que Rita ha de contarche o contentos que nos puxemos ó ver que tamén estás con nós a través do portal. Os comentarios podes poñelos en calquera nova que estea publicada na nosa web, sexa subida polas distintas escolas, polos departamentos e equipos docentes ou pola Anpa do centro. Todos os familiares e membros da comunidade educativa poden participar deste xeito con nós neste proxecto de páxina "web dinámica". Para poder facelo só teñen que pedirlle a un mestre do CRA o nome e contrasinal de usuario .

Tamén podedes participar suxerindo e aportando vos mesmos novas ou imaxes de interese para a aula do voso fillo ou filla ou para o centro en xeral. Neste caso a información ha de ser "subida" ó portal por un docente ou por un responsable da Anpa, únicos usuarios que están autorizados a crear contido

Todas as aportacións publicadas, sexan novas ou comentarios, son visibles para calquera persoa que visite a nosa páxina, agás a sección de foros e algúns dos apartados da sección "profesorado" que teñen limitado ó seu uso e visualización ó equipo docente

Espero, Rosa María, que esta breve explicación che serva para moverte con máis seguridade polo noso portal e agradecémosche sinceiramente o interese que amosas polo traballo que se desenvolve no noso centro

Recibe un afectuoso saúdo

Sol

(P.D:: Rosa, para que Rita e todos os compañeiros da aula te sintamos aínda máis preto de nós, vou copiar estes comentarios realizados nunha nova publicada pola escola de Outeiro (e na que aparecemos tamén nós!) e pegalos nunha aportación equivalente subida pola aula da túa filla)

É RECONFORTANTE SENTIR QUE AS

É RECONFORTANTE SENTIR QUE AS FAMILIAS VALORADES O TRABALLO QUE O PROFESORADO FAI CON TANTO CARIÑO E ABNEGACIÓN.

o tesouro do Cra

Para moitas familias esta páxina é un tesouro, porque é un buratiño polo que nos permitides ver o que pasa cos nosos fillos e fillas dentro da aula... e o que pasa é tan chulo que aínda nos permitimos andar mandando o enlace a familiares e amigos... e podo asegurarvos que somos a envexa de todos eles!!! Temos un tesouro e presumimos de telo!!!

Orgullo de Cra!!! 

mamá de Dália