Educación Musical
DANIEL
MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS
ESPERO QUE TEÑADES RECIBIDO A CARTA QUE HAI UNS DÍAS VOS ENVIEI E VEÑADES LOGO Á BIBLIOTECA !
SE SOUBERADES O QUE VIN A OUTRA NOITE Ó PÉ DA FIGUEIRA. AI, O QUE TAL VIN!
AI, O QUE TAL VOS TEMOS QUE CONTAR!!
ver a nova na
Escola do Pazo : Biblioteca e Música
Escola de Cruceiro
Escola de Outeiro
- APIs de Blogue
O CONVITE DE DANIEL
O VENRES 16 DE NOVEMBRO, ACEPTANDO O CONVITE DO NOSO AMIGO, FOMOS Á BIBLIOTECA DE DANIEL.
XOGOS, MÚSICA ,CONTOS, AGASALLOS E ATA UNHA VIAXE Ó TEMPO DOS CASTREXOS, ESTABAN A ESPERAR POR NÓS...
BIBLIOTECA DE DANIEL
MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS:
ESTES DÍAS HABEDES RECIBIR NA VOSA ESCOLA UNHA CARTA. QUIZAIS XA A TEÑADES RECIBIDO...
LEREDES NELA QUE TEÑO TODO PREPARADO PARA CONVIDARVOS A VIR DE NOVO Á NOSA BIBLIOTECA: A BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGO DE DANIEL.
ESPERO QUE Ó TELA ENTRE AS VOSAS MANS VOS SINTADES TAN LEDOS COMO ESTA AVOÍÑA, A QUEN, COMO VEDES, TAMÉN LLELA ENVIEI.
RECIBIDE UN AGARIMOSO SAÚDO DO VOSO AMIGO
DANIEL
*
Ver
Escola de Pazo:
Visitamos a biblioteca e Na sesión de música
CONCERTO DIDÁCTICO DE JAZZ
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIANXO ESTÁ A OFERTAR UNS CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ACERCAR O JAZZ ÓS CENTROS DE ENSINO DO CONCELLO.
O CRA DE RIANXO PARTICIPOU NA SESIÓN CELEBRADA O 17 DE SETEMBRO
BIBLIOTECA E MÚSICA
UNHA MAÑÁ DE MÚSICA E CONTOS ENTRE TEMPESTADES MARIÑAS, BARCAROLAS, EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS E HISTORIAS DE PIRATAS...
- APIs de Blogue
PIRATAS !!!
MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS...
ESTADES A VER A BANDEIRA QUE ONDEA NA MIÑA DORNA ?
PÓDOVOS ASEGURAR QUE NON FUN EU QUEN A IZOU. UN GRUPO DE AFOUTADOS PIRATAS FIXÉRONSE FORTES NA NOSA BIBLIOTECA !
NON PODEDES DEIXAR DE VIR NESTES DÍAS !!
SABERÁN ELES, COMO SABEMOS NÓS, DOS TESOUROS QUE GARDAMOS ALÍ DENTRO?
*
A sesión de biblioteca e música vista pola
ESCOLA DE PAZO : MÚSICA
ESCOLA DE PAZO: BIBLIOTECA
- APIs de Blogue
SESIÓN DE BIBLIOTECA E MÚSICA
NA BIBLIOTECA DE DANIEL SOUBEMOS DAS ANDURIÑAS NOS CEOS DE CORES, DAS FOLLAS QUE CAEN E DO PEIXIÑO VERMELLO QUE GOSTABA DE METERSE DENTRO DOS LIBROS.
NA AULA DE MÚSICA ESCOITAMOS COMO OS INSTRUMENTOS PODEN CREAR UN FONDO MARIÑO
TAN PRONTO COMO CHEGOU Á ESCOLA, O PEIXIÑO VERMELLO DE ABEL, INTRODUCIUSE NO POEMA DE BREA SEGADE QUE TIÑAMOS NA AULA E LEVOU CON EL A MÚSICA DE CAMILE SAINT-SAËS
- APIs de Blogue
CONCERTO DIDÁCTICO
A BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO REALIZARÁ, OS DÍAS 19 E 20 DE SETEMBRO, O CONCERTO DIDÁCTICO "AS MÚSICAS DO CINEMA INFANTIL", DIRIXIDO A TODOS OS CENTROS DE ENSINO DO CONCELLO.
O C.R.A. DE RIANXO ASISTIRÁ Á PRIMEIRA SESIÓN DO LUNS 19.
*
Consulta esta nova en
- APIs de Blogue
O CONCERTO NO RÍO
VELAQUÍ O REI DE INGLATERRA E OS MÚSICOS DE HAENDEL DE CONCERTO POLO RÍO ABAIXO...
A FRAUTISTA DE HAMELIN
Na escola de Rañó fixemos unha xuntanza moi especial, pasamos o día cos nenos e nenas da escola de Abuín. A profe Rosa fixo uns xogos moi divertidos de presentación, por si algún ou algunha de nós todavía non nos coñecíamos. Con motivo da celebración do día da auga, investigamos sobre aquelas accións que podíamos levar a cabo para aforrar auga. E vaia se discurrimos que sairon cousas fascinantes!!!
Pero o momento máis especial do día foi a chegada dos músicos e músicas de Rianxo. Escoitamos ao mestre Rubén narrando o conto de "A frautista de Hamelin", acompañado pola melodía dos instrumentos. Se incluso escoitamos os chirridos dos ratos!!! Mamás, irmáns, avoas e avós nos acompañaron e, por suposto, agradecerlles a súa presenza.
Chegou a hora da merenda... ummm, despois de tanta actividade xa nos veu a fame, e que mellor maneira de gozar da merenda que ao fresco das árbores.
Xogamos aos relevos coa mestra maría e rematamos o día cun xoguiño da auga "Se aforramos, todos e todas gañamos".
Bueno, pero casi mellor O VEMOS:
- APIs de Blogue