Debuxos

A NARRADORA DO DESERTO

PARA LEMBRAR O DIA DA PAZ

LIMOS ESTE CONTO:

"A NARRADORA DO DESERTO"

ONDE A TRAVÉS DE AMIRA SOUBEMOS

O TERRIBLES QUE SON AS GUERRAS.

ESTE E O NOSO RESUMO:

 

E.....SABEDES QUEN ESTABA ALI?:

NASSIM

DE NOVO PODERÍALLE CONTAR

AS SÚAS HISTORIAS.

 

 

 

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS....

UN LIMOEIRO QUE DA LARANXAS, LARANXAS QUE ESTOUPAN,

UN OVO QUE FALA....

FORON ALGUNHAS DAS COUSAS COAS QUE DESFRUTAMOS

VENDO ESTA OBRA DE CARLOS CASARES E

REPRESENTADA POLO CENTRO DRÁMATICO GALEGO.

ASI A LEMBRAMOS OS NEN@S DE PRIMARIA:

   

CAVEIRAS DE CABAZO

UN ANO MÁIS VOLVEN Á ESCOLA  CABAZAS ARREPIANTES ...

   
   

O HOMIÑO DE PAPEL

DESPOIS DE ESCOITAR A HISTORIA DO

"HOMIÑO DE PAPEL" ZOE 

ESCRIBIUNA E FIXO OS DEBUXOS.


 

DEBUXOS DO SALÓN DO LIBRO

UN ANO MÁIS  ATOPAMONOS CON "ORBIL"

A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO.

DISFRUTAMOS CON ÉL E COAS SORPRESAS

QUE ENCERRABA O SALÓN .

E ESTES SON OS DEBUXOS QUE FIXEMOS AO CHEGAR A ESCOLA.

 

 

 

  

POLA CANDELORIA...

COMO BEN DIN OS NOSOS AMIGOS DE PRIMARIA BOTANDO MAN DO REFRANEIRO POPULAR

NA BONITA IMAXE QUE ACOMPAÑA AO MES DE FEBREIRO:

"POLA CANDELORIA

NINGÚN AVE VOA SOA"

 

A CANDELORIA MARCABA A METADE DO INVERNO, ERA O PRELUDIO DA CHEGADA DA PRIMAVERA, DO RENACER DA NATUREZA....A FESTA DA LUZ

ERA O TEMPO DE APAREAMENTO NO REINO ANIMAL CON VISTAS Á CRÍA NA PRIMAVERA.

MARCABA PARA OS MARIÑEIROS O COMEZO DA NAVEGACIÓN DESPOIS DE TER AMARRADOS OS BARCOS DURANTE O DURO INVERNO.

E OS AGRICULTORES PREPARABAN OS CAMPOS PARA O SEU CULTIVO

TAMÉN ERA UNHA DATA PARA PREDECIR O TEMPO QUE ÍA FACER O RESTO DO ANO...

 

E O SABIO REFRANEIRO POPULAR TAMÉN NOS DEIXA OUTRO REFRÁN REFERIDO A ISTO E

QUE NESTES DÍAS PODEMOS COMPROBAR QUE É BEN CERTO:

 

"CANDO A CANDELORIA CHORA

MEDIO INVERNO VAI FÓRA,

CANDO A CANDELORIA RI

MEDIO INVERNO ESTÁ POR VIR.

QUE CHORE OU DEIXE DE CHORAR

MEDIO INVERNO ESTÁ POR CHEGAR"

 

DEBUXOS DE CAMPO LAMEIRO

ADEMAIS DOS PETRÓGLIFOS,CON ESE ESTUPENDO CERVO, 

TAMÉN NOS GUSTOU A REPRODUCCIÓN

DA ALDEA DA IDADE DO BRONCE.

 

 

 

 

E, COMO REMATE DA ACTIVIDADE REPRODUCIMOS ESTE BONITO PETRÓGLIFO

COA TÉCNICA DE "FROTAGE", QUE CONSISTE EN REFREGAR UN PAPEL

DE CARBONCILLO NO PAPEL COLOCADO

ENCIMA DO PETRÓGLIFO.

ETUR, O GRAN CERVO

NO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO HAI MOITAS COUSAS INTERESANTES QUE VER, UNHA DAS QUE MÁIS NOS IMPRESIONOU

FOI O GRAVADO QUE OS NOSOS ANTERGOS FIXERON DUN GRAN CERVO, QUE SEGÚN A LENDA SE CHAMABA ETUR.

ETUR ERA TAN GRANDE E TAN FORTE QUE PRECISARONSE SEIS LANZAS PARA SER ABATIDO.

E ASÍ SE REFLICTE NUN DOS PETRÓGLIFOS QUE ALÁ VIMOS. NOS AO CHEGAR Á ESCOLA QUIXEMOS REPRESENTALO:

DIA DO LIBRO

O 23 DE ABRIL CONMEMORASE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO,

                     POR SER A DATA EN QUE MORRERON MIGUEL DE CERVANTES

WILLIAM SHAKESPEARE.

OS NENOS E NENAS DE PAZO CELEBRAMOLO

FACENDO DIVERSAS ACTIVIDADES:

AVERIGUAMOS QUEN ERA CERVANTES E 

CAL FOI O SEU LIBRO MÁIS IMPORTANTE.

TAMÉN FIXEMOS UN "LIBRO" NO QUE EN CADA FOLLA DEBUXAMOS

O LIBRO QUE MÁIS NOS GUSTOU.

PARA REMATAR LEMOS  POESÍAS, ENTRE ELAS A 

DO MARCAPÁXINAS QUE NOS REGALARON , "Só un libro"   DE

PAULA CARBALLEIRA.


Distribuir contido