VISITAS AO C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO E AO C.E.P. X.M. BREA SEGADE
Os alumnos e alumnas de 2º Educación Primaria das escolas de Vacariza, Quintáns, Rañó, Abuín e Pazo visitarán o C.E.I.P. A.D.R. Castelao o vindeiro venres día 11 de xuño.
E do mesmo xeito, o martes 15 de xuño os alumnos e alumnas de 3º Educación Infantil da escolas de Cruceiro e Cuvide e os alumnos e alumnas de 2º Educación Primaria das escolas de Outeiro e Capela, visitarán o C.E.P. X.M. Brea Segade.
O obxectivo desta visita será entrar en contacto coa vida do centro no que continuarán a súa escolaridade no vindeiro curso 2010-2011, asi como coñecer aos compañeiros e compañeiras, profesorado, instalacións do centro, actividades que se realizan...
O que se pretende, fundamentalmente, é favorecer o proceso de acollida no novo centro e que a transición da etapa de Educación Infantil a de Educación Primaria ou do 1º ciclo de Educación Primaria ao 2º ciclo desta mesma etapa, en cada caso particular, sexá o máis positiva posible, e polo tanto os nosos alumnos e alumnas valoren esta transición positivamente, como unha fase máis, necesaria para o seu desenvolvemento persoal, social e escolar.
¡Grazas pola colaboración das familias nesta actividade, xa que sen elas non sería posible!
- APIs de Blogue