Natureza

RIEIROS

NA RIBEIRA DO TÉ, O AMIGO EMILIO APRENDEUNOS A COÑECER E RESPECTAR OS NOSOS RÍOS. A CALIDADE DAS SÚAS AUGAS, A DIVERSIDADE DA FLORA E A FAUNA QUE OS HABITAN, O SEU VALOR NO NOSO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL.

COMA MERLIÑOS RIEIROS. ASÍ PASAMOS UNHA FERMOSA MAÑÁ POLA BANDA DO RÍO.

 

VIDA QUEIMADA

TANTA VIDA QUEIMADA!

POBRE VIDA, POBRES NÓS!

SAÍDA A SÁLVORA

O VENRES 31 DE MAIO AS ESCOLAS DO CRA DESPRAZÁRONSE A SÁLVORA PARA REALIZAR UN ROTEIRO DIDÁCTICO POR ESTA ILLA QUE FORMA PARTE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
PODES CONSULTAR INFORMACIÓN SOBRE O ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA NESTE ENLACE

EN DEFENSA DA BIODIVERSIDADE

A UNESCO VEN DE DENUNCIAR RECENTEMENTE A PREOCUPANTE SITUACIÓN DA BIOVIVERSIDADE MUNDIAL, AFECTADA POR UN ACELERADO PROCESO DE EXTINCIÓN DE ESPECIES .  A DESTRUCIÓN DOS HÁBITATS, A INTRODUCIÓN DE INVASORAS E OS MONOCULTIVOS SON RESPONSABLES DIRECTAS DESTE  GRAVE PROBLEMA.

EN GALICIA, A GRAN MAIORÍA DE ESPECIES AMEAZADAS NON CONTA CUN PLAN DE PROTECCIÓN.
NO DÍA MUNDIAL DA BIODIVERSIDADE COMPARTIMOS UN ARTIGO DE MANUEL REY PARA GCIENCIA

AGRESIÓN Á PLANTACIÓN DO PLEITO

O CRA DE RIANXO E O COLECTIVO "FOUSAS AO MONTE " VEÑEN DE DENUNCIAR A CORTA SUFRIDA POLA MEIRANDE PARTE DAS ÁRBORES PLANTADAS POLA NOSA COMUNIDADE ESCOLAR O PASADO MES DE FEBREIRO NO MONTE DO PLEITO, TARAGOÑA.

A NOSA REPULSA A ESTA AGRESIÓN CONTRA O PATRIMONIO NATURAL É ROTUNDA, COMO TAMÉN O É A NOSA DETERMINACIÓN  DE CONTINUAR DEFENDENDO PARA AS NOSAS CRIANZAS UN FUTURO EN HARMONÍA COA NATUREZA
.

ver a nova en

LA VOZ DE GALICIA

BIBLIOTECA BREA SEGADE

"O NOSO PATRIMONIO" Proxecto de Voz Natura no curso 2018-19

Seguindo a liña do proxecto deste curso, dende Voz Natura propuxémoslle ás escolas que indagaran sobre o seu patrimonio, a súa cultura e as súas tradicións. Decatámonos de que moi preto das nosas escolas podemos atopar numerosas construccións arquitectónicas antigas que desempeñaban unha función esencial nunha determinada época.

Tamén observamos o rica que é a nosa cultura, chea de costumes e tradicións que se mantiveron presentes na nosa terra co paso do tempo grazas á transmisión interxeracional pero que, por mágoa, estanse perdendo nos nosos días. Por iso creemos que son un ben moi valioso que temos que coidar e protexer, para que perduren moitos anos máis.

 

Esta é unha mostra do traballo realizado en cada unha das escolas do C.R.A. sobre o noso patrimonio máis próximo.

  

 

BOSQUE

O BOSQUE DA VIDA.  O BOSQUE DÁ VIDA.

Aula de 4 e 5 anos

LIMPAMOS A PRAIA DE TANXIL

 

GUIADOS POLO CAPITÁN PLANETA E DENTRO DO PROGRAMA DE VOZ NATURA

VISITAMOS A PRAIA DE TANXIL PARA LIMPALA.

XOGAMOS, MERENDAMOS E GOZAMOS DUNHA MAÑÁ BEN DIVERTIDA.

 

FELIZ DÍA, MAMÁ !!!

 

DECORAMOS UNHAS MACETAS E PLANTAMOS UNHAS PLANTAS MOI BONITAS

PARA DESEXARLLE UN FELIZ DÍA AS NOSAS MAMÁS.

PARABÉNS MAMÁS!!!

 

 

 

 

 

DEBAIXO DA TERRA

GRILOS, MIÑOCAS, TOUPAS, DONICELAS, MARTIÑOS PEIXEIROS,... 

SERES QUE COMPARTEN CON NÓS A TERRA QUE NOS SUSTENTA

Distribuir contido