Natureza
ECO-MAR
O PROXECTO "ECO-MAR" ESTÁ A DESENVOLVER NESTES DÍAS A SÚA SEGUNDA SESIÓN DE TRABALLO NAS AULAS PARTICIPANTES.
consulta o desenvolvemento da sesión na
- APIs de Blogue
PESCA RESPONSABLE
VIVINDO NA BEIRA MAR É BO SABER XA DENDE AGORA EN QUE CONSISTE A PESCA SUSTENTABLE...
- APIs de Blogue
PROXECTO ECO-MAR
O PROXECTO DE COLABORACIÓN LOCAL "ECO MAR" INICIA A PARTIR DA DERRADEIRA SEMANA DE FEBREIRO A SÚA ACTUACIÓN EN CATRO AULAS DO CRA DE RIANXO.
O PROXECTO "ECO MAR" TEN, ENTRE OUTROS OBXECTIVOS, PROMOVER A PESCA SUSTENTABLE E O CONSUMO DOS PRODUTOS DO MAR E DIVULGAR O PATRIMONIO CULTURAL, NATURAL E MEDIO AMBIENTAL MARIÑO.
ver o desenvolvemento do programa en
- APIs de Blogue
DÍA EUROPEO DOS PARQUES
Con motivo da celebración do Día Europeo dos Parques, o 24 de maio, a Consellería do Medio Ambiente da Xunta de Galicia programou diversos actos nos diferentes espazos protexidos de Galicia. Boa parte das actividades están orientadas cara ao público infantil, coa fin de darlles a coñecer a riqueza natural da nosa Comunidade Autónoma e conciencialos sobre a importancia da súa protección e conservación, tanto desde o punto de vista ambiental como económico e social.
A Rede de Parques de Galicia está composta por seis parques naturais: A Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, O Invernadeiro, o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, Fragas do Eume e o Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán; e un parque nacional, o Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
O CRA de Rianxo participou na celebración do Día Europeo dos Parques a través da visita das escolas de Rañó, Abuín e Pazo, ó Complexo Dunar de Corrubedo
*
- APIs de Blogue
CHARLAS DO SEPRONA
Co obxecto de fomentar a protección dos montes e ás reforestacións, Voz Natura e o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) puxeron en marcha un ciclo de accións formativas nos colexios e institutos participantes no programa Voz Natura.
Grazas a este acordo, axentes do Seprona visitaron as escolas de Vacariza, Quintáns e Rañó o día 30 de abril. Faláronnos sobre os incendios forestais, explicáronnos como traballan e ofrecéronnos consellos e suxestións para previr os lumes forestais.
*
A visita na
- APIs de Blogue
A HORA DO PLANETA
- APIs de Blogue
DÍA DA ÁRBORE. DÍA DA POESÍA
O 21 DE MARZO CELEBRÁRONSE DÚAS DATAS IMPORTANTES: O DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E O DÍA MUNDIAL DA POESÍA.
CON ÁRBORES E POESÍA CELEBRAMOS NAS ESCOLAS ESTE DÍA NO QUE XA NOS ACOMPAÑABA A PRIMAVERA
ver
- APIs de Blogue
UNHA TARDE XOGANDO NA AREA
Seguro que a vós tamén vos ten pasado o que lle pasou a Froilán, que foi dar un paseo á praia cos seus pais e esqueceuse de coller un caldeiro e unha pala para xogar, pero iso non foi incoveniente para que pasara unha tarde moi divertida xogando na area.
Froilán e a súa familia fixeron un xoguete cuns refugallos que atoparon na area:
Froilán quería xogar ós piratas e a pesar de non levar o seu barco pirata foi capaz, coa axuda dos seus pais, de chegar nun barco ata unha illa deserta na que agocharon un tesouro.
Atando uns paus cunha corda, facendo unha morea de area, poñendo aquí unhas algas, amarrando unha rede,...
Pouco a puco van facendo un barco e construíndo unha illa deserta.
Froilán e o seu pai remataron a súa illa de piratas para poder disfrutar dunha tarde de xogo na praia; pero sen decatarse, xa estiveran xogando mentras estiveran construíndo a súa escultura na area.
Despois de navegar moitos días no noso barco pirata, por un mar cheo de ondas, chegamos a unha illa deserta.
É hora de xogar e de enterrar o noso tesouro pirata!!!!!!
Agora sabemos que aínda que non levemos a pala e o caldeiro para a praia podemos xogar igual, e divertirnos aínda máis, poi non hai xoguete máis importante que a nosa imaxinación e a axuda dos demais como poden ser os nosos pais, irmáns, avós, amigos ou profes.
Despois de xogar toda a tarde, e enterrar o noso tesouro pirata, non debemos de esquecernos de recoller os xoguetes como faríamos se levasemos a nosa pala e o noso caldeiro.
Temos que deixar na praia as cousas que pertencen á praia e que non a lixan nin poden lastimar ós animais que viven no mar; e debemos de tirar ó lixo os obxectos que non pertencen á praia e que a poden contaminar e lastimar ós peixes.
( Texto e imaxes: familia de Froilán)
UNHA ÁRBORE POR ROSALÍA
O DÍA 24 DE FEBREIRO, DISTINTAS ESCOLAS DO CRA PARTICIPARON, XUNTO Ó ALUMNADO DO CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE, NUNHA XORNADA DE PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS NA ÁREA RECREATIVA DE CAMPO MANEIRO, EN TARAGOÑA.
A ACTIVIDADE, ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN ANTROSPINOS COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE RIANXO E DISTINTOS AXENTES FORESTAIS DA XUNTA DE GALICIA, SERVIU TAMÉN PARA HOMENAXEAR A ROSALÍA DE CASTRO NO ANO NO QUE SE CUMPREN 175 ANOS DO SEU NACEMENTO.
- APIs de Blogue
DÍA DOS HUMIDAIS
O 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais.
A Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia ( ADEGA) lémbranos dende a súa páxina web que os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os acuíferos. Estabilizan costas e protexen ás cidades e vilas contra as treboadas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son grandes reservorios de biodiversidade.
Na nosa contorna inmediata destacan os humidais do esteiro do río Ulla, o esteiro do Té e Ponte Beluso
*
ver
As cigoñas dos humidais
( Escola de Rañó )
- APIs de Blogue