DÍA EUROPEO DOS PARQUES

Con motivo da celebración do Día Europeo dos Parques, o 24 de maio, a Consellería do Medio Ambiente da Xunta de Galicia programou  diversos actos nos diferentes espazos protexidos de Galicia. Boa parte das actividades están orientadas cara ao público infantil, coa fin de darlles a coñecer a riqueza natural da nosa Comunidade Autónoma e conciencialos sobre a importancia da súa protección e conservación, tanto desde o punto de vista ambiental como económico e social.

A Rede de Parques de Galicia está composta por seis parques naturais: A Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, O Invernadeiro, o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, Fragas do Eume e o Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán; e un parque nacional, o Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O CRA de Rianxo participou na celebración do Día Europeo dos Parques a través da visita das escolas de Rañó, Abuín e Pazo, ó Complexo Dunar de Corrubedo

*

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE ABUÍN