Club "Amigas e amigos de Daniel"

Contacontos "Os segredos de Petronila"

Mañán Marte, as profesoras Sol e Elisa vannos contar a historia dos "Segredos de Petronila".

Non faltedes e lembrade que a partir das 4:30, podedes vir á Biblioteca para entregar ou recoller contos.

Ata mañán

 

Contacontos "Paco Papán"

 

Paco Papán

Paco Papán empéñase

en atopar traballo á súa medida

Proba diferentes oficios:

o luns busca traballo na xastraría ..

o martes na casa duns labragos

o mércores na taberna

Despois de divertidos contratempos

e estrepitosos fracasos

... os seus esforzos

veranse recompensados ....

 

Conta contos "Paco Papán"

Hoxe Martín e Paula, vannos contar "Paco Papán"

"Paco Papán, empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastrería, o martes na casa duns labregos, o mércores ...."

Son autores do contos "Patacrúa & Evelyn Daviddi"

Edita o conto OQO, enlace á editorial

Non faltedes, martes 12 de novembro ás 17:00, lembra que podedes vir ás 16:30, para recoller ou entregar contos.

Imaxes da sesión

 

Contacontos "As tres princesas pálidas"

Aqui temos algunhas imaxes da sesión de contacontos que realizaron as profesoras Celia e Mirian.

Miriian facilitounos estas imaxes:

 HABÍA UNHA VEZ, FAI MOITO TEMPO

UN REY QUE TIÑA TRES FILLAS

 AS FILLAS DO REI TIÑAN OS ROSTROS TAN CLAROS

E TRANSPARENTES COMA A AUGA E O CRISTAL

 O REI ESTABA CADA POUCO MAIS VELLIÑO

E CANSADO.

QUEN PODERÁ SER A RAIÑA, CANDO EU NON ESTÉ?

 LOGO DE MOITO PENSAR FALOU COA XENTE DO

POBO

"QUEN PODE SER A RAIÑA DESTE POBO?"

PREGUNTABA O REI

As tres princesas pálidas - Contacontos 5 de novembro

Hoxe a partir das 5 da tarde as profesoras Mirian Alameda López e Celia Piñeiro García, contaránnos a historia das "Tres princesas pálidas"

Esta historia foi escrita por María J. Francés e os debuxos realizados por Corle Henaf

Agardámosvos e lembrade que se desexades coller ou entregar algún conto, estarán Celia e Mirian para a axudarvos.

HABÍA UNHA VEZ, FAI MOITO TEMPO UN REI QUE TIÑA TRES FILLAS

DE ROSTRO TAN CLARO COMA A AUGA OU O CRISTAL

Imaxes da sesión

Sesión biblioteca 29 de Outubro

Aquí tedes algunhas fotografías da sesión de contacontos realizada por Natalia, a mamá de Brais da Escola de Outeiro.

Natalia contoulle aos nenos e nenas a historia titulada: "Agora sei quen fun, agora sei quen son".

Estas fotografías fixeronas as profesoras Laura Álvarez e Mirian Alameda.

 
 
 
 

Xornadas de Bibliotecas Creativas

O venres 26 de Outubro, celebráronse as xornadas de Bibliotecas Creativas. Nelas participou a nosa profesora María Vázquez de la Iglesia.

Profesora responsable da Bilioteca de Daniel

Mais información no ENLACE

Xornadas de Bibliotecas Creativas

Para reproducir de novo abrir menú flotante con botón dereito e activar /reproducir/

 A profesora María Vázquez preparou este Scornabot para a nosa biblioteca.

Alguén sabe como funciona, como anda para diante e como xira?

Teremos que mirar antes o manual de instruccións, lelo detidamente e ser moi coidadosos e coidadosas co noso Scornabot.

Aqui na foto temos a caixa e os manuais de instruccións.

A ver cando podemos ver este Scornabot na nos Biblioteca.

 Cartaz das Xornadas de Biblioteca ás que asistiu a nosa profesora María Vázque de la Iglesia

 

 

Contacontos na Biblioteca de Daniel

Hoxe, martes 22 de outubro, comezamos as sesións de contacontos na Biblioteca de Daniel.

Laura, unha mamá da Escola de Capela contaranos a historia de PelosTortos e a súa Figueira

Agardámoste hoxe  ás 5 da tarde na Biblioteca de Daniel na sede do C.R.A. de Rianxo, na Atalaia en Asados.

 

Distribuir contido