Club "Amigas e amigos de Daniel"

PEDRO CHOSCO

CANTIGA PARA ARROLAR CANTADA POR CANDELA.
Pedro Chosco é o encargado de levarlle o sono ás crianzas e forma parte do patrimonio cultural galego.

"PEDRO CHOSCO ESTABA NA CAMA,
ENTRÁBALLE O SOL POR UNHA VENTANA,
POLA OUTRA ENTRÁBALLE O VENTO
PEDRO CHOSCO ESTABA CONTENTO !! "
(Popular)

Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"

DÍA DO LIBRO

Ola!

Hoxe é xoves 23 de abril de 2020... Día do Libro!

             

A continuación deixámosvos unhas propostas para poder celebralo nas nosas casas:

 

- Contacontos "A que sabe a Lúa" por parte da mestra María.

- Conto narrado "Nube Branca quere ser astronauta". 

 

- Xogo do "Rosco dos libros".

 

Ademais neste enlace podedes ver moitos contos narrados por compañeiros e compañeiras do CRA de Rianxo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/aulavirtual/mod/page/view.php?id=1702

 

E moitas escolas conmemoraron este día de diferentes formas:

- A escola Rosalía de Castro amósanos infinidades de contos das mans dos máis cativos/as e das súas familias:

Educación Infantil 3 anos

Educación Infantil 4 e 5 anos 

 

- Os nenos/as da escola de Outeiro crearon os seus propios relatos, seguindo a técnica de Gianni Rodari "Ensalada de contos":

     Antía García     Antía Tarrío     Brais     Mateo     Mencía     Óscar     Sofía     Valeria

 

- Os nenos/as da escola de Capela reproduciron portadas dos seus libros favoritos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/node/4886

 

 

Aproveitade estes días para ler xa que un libro é capaz de levarte a sitios marabillosos! 

 

Moitas apertas pequenos e pequenas artistas 

Biblioteca de Daniel - Espazo lector

Na nosa fermosa Aula Virtual "A Luzada" abrimos un novo espazo "A Biblioteca de Daniel".

Aquí podedes ver vídeos de contos vosos e contados por vos:

Había unha vella chamada Lucía, O señor mago e a folla, O segredo de Flora, A vacaloura, Saúdos dende Alxeria, O Grúfalo, O Pirata Metepata ...

Non deixedes de visitar na nos aula virtual o espazo "A Biblioteca de Daniel"

MOITAS GRACIAS AS FAMILIAS E ÁS PROFESORAS E PROFESORES POLO ESFORZO CREATIVO TAN GRANDE QUE ESTADES A FACER.

Sorriso Guiño Beso

 

RETO LECTOR PROPOSTO POLO NOSO AMIGO DANIEL

Ola Amigas e Amigos, son Daniel. Que tal estades?

Como ben sabedes estes días toca quedar na casiña  #yomequedoencasa.

Aínda así lembrade a importancia de ler contos, recitar poesías, contar adiviñas,.... Por iso propóñovos un reto, queredes participar?

1. Busca un adulto que che axude.

2. Localizade un aparello para gravar (móbil, tableta,...).

3. Elixe o teu conto favorito, unha poesía, un trabalinguas, unha adiviña,...

4. Prepárao con ese adulto para que saia xenial.

5. Grávate contando ese conto, poesía, trabalinguas,...

6. Dille ao adulto que me envíe o vídeo a este correo:   crar.biblioteca@gmail.com

7. Subirei o teu vídeo á páxina web do cole: https://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/

 

Agardo con ilusión todos eses vídeos

 

Unha forte aperta para as miñas pequenas e pequenos artista

 

 

Aula virtual do C.R.A. de Rianxo

Para manter a comunicacion coas familias e coas nosas alumnas e alumnos o profesorado do C.R.A. están a preparar a traves da  aula virtual do centro  e doutras aplicacións telemáticas recursos diversos para que podades disfrutar de contos, xogos e cancións.

Na aula  virtual os contidos poñeranse en acceso libre polo que non vai ser necesario rexistrarse. Pronto vos daremos mais novedades.

Para comezar deixamos aquí o enlace ao conto A Cebra Camila.

---

A Sociedade Española de Ornitoloxía abre, coma nas últimos anos, unha "xanela diaria á vida salvaxe" coa posta en marcha dunha rede de cámaras webs que transmiten en directo o proceso de cría de especies emblemáticas da fauna ibérica como o voitre negro ou o lagarteiro das torres.

Neste momento hai operativas 4 cámaras:

Voitre negro. Rascafría. P.N. Sierra de Guadarrama

Curuxa común. P.N. Cabañeros

Lagarteiro das torres (Cernícalo primilla) P.N. de Cabañeros

 

AVISO FAMILIAS RELIXIÓN:

Estades todos e todas invitados e invitadas a participar da google classroom "Imos a Reli". Só precisades ter aberta unha conta de gmail para apuntar as vosas crianzas. Ao entrar na aplicación en "apuntarse a una clase" introducides os seguinte código s7k5abz e listo. É unha aplicación que tamén serve para móviles e tabletas. Animádevos a participar. Un bico a profe Celia.

Sesión de bibliotea e música

   

 A xornada de hoxe pasamola na sede do C.R.A.. Tivemos varios talleres de alimentos

Unha sesión de contacontos "A sopa máis grande do mundo" e unha sesión de música.

MAIS INFORMACIÓN

 

Xornada de Biblioteca na Sede do C.R.A. en Asados

Hoxe na sede do C.R.A. de Rianxo, en Asados, tivo lugar a sesión de Biblioteca que facemos todos os trimestres.

Nesta ocasión as actividades  da sesión tiveron relación co tema do curso, "A gastronomía"

Ao seu arredor xiraron as actividades e talleres.

Aquí quedan algunhas imaxes da xornada

   
   
   
   
   
   

As profesoras e profesores aprenden a montar SCORNABOTS

O programa Biblioteca Creativa é un programa que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robóticas e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de educación infantil e educación primaria e que están integrados nos Plan de Mellora de Bibliotecas escolares de Galicia.

Nas imaxes que se ofrecen a continuación profesoras do C.R.A.  están nunha sesión de montaxe dun SCORNABOT.

Organizando os materiais Poñendo a punto o soldador
Observando  as partes dun Scornabot montado Comezamos co traballo de montaxe.
Chegou o soldador Cando demos rematado será algo coma esto.

Os segredos de Petronila

 Petronila coñece

millóns de segredos

 Gardaos todos

na súa cabeciña

  Petronila ten moito, moito medo a que

non lle caiban os segredos todos na súa cabeza

 

   
   
   
Distribuir contido