Club "Amigas e amigos de Daniel"
PRIMEIRA SESIÓN DE BIBLIOTECA DO CURSO ESCOLAR 2021-2022
A semana do 16 ao 20 de novembro os alumnos/as do CRA de Rianxo puideron disfrutar da primeira sesión de biblioteca deste curso 2021-2022.
Nesta ocasión , puidemos disfrutar con David e María de Arenaria dunha charla sobre oceanografía, e dun contacontos coas profes Carla e Itziar que nos contaron o conto "El mar que más quiero". rematamos a sesión decorando uns peixes para o mural do fondo do mar da biblioteca de Daniel e como agasallo por decorar a nosa biblio, Daniel obsequionos cuns marcapaxinas moi especiais.
- APIs de Blogue
POLA BEIRA DO RÍO
MARTIÑO, LUCAS, ANDER, MARTINA, CANDELA, LUCÍA, MARTÍN, MANUEL E THIAGO ILUSTRAN , RECITAN E CANTAN
"POLA BEIRA DO RÍO"
Poemiñas: Tradición oral - Luís Prego.
Música tradicional arranxada por Álvaro Iglesias e Luís Prego.
Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"
- APIs de Blogue
CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: A árbore da escola
5 de xuño, Día do Medio Ambiente
- APIs de Blogue
SESIÓN DE BIBLIOTECA 2021
Neste ano especial, non puidemos ter as xuntazas desexadas como en anos anteriores. Pero dende a Biblioteca de Daniel quixemos igualmente agasallar aos nosos cativos e cativas cunha xornada diferente. Por iso, como despedida do segundo trimestre, decidimos invitar a tódalas escolas a que asistiran a unha sesión de biblioteca. Como estivemos traballando o camiño de Santiago co proxecto de Voz Natura, dende a biblio decidimos facer a nosa pequena aportación e basear a sesión na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.
Primeiro descubrimos cousas sobre o Camiño de Santiago a partires do conto "Bo camiño, Valentiño", que nos representou a profe Carla. En relación a isto fixemos uns crebacabezas relacionados coas personaxes do Xacobeo. A continuación descubrimos que na biblioteca hai unha impresora 3D e estivemos vendo como é o seu funcionamento. A profe Carla fíxonos entrega duns chaveiros coas nosas iniciais elaborados na propia impresora, os cales decoramos e levamos de recordo. Por último, tivemos un ratiño de lecer desfrutando dun tempo de lectura.
Foi unha xornada xenial!!!!
- APIs de Blogue
CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: ¿Qué le pasa a Uma?
2 de maio, Día Internacional Contra o Acoso Escolar
- APIs de Blogue
CONTOS DA BIBLIOTECA DE DANIEL: A eiruguiña comellona
7 de abril, Día Mundial da Saúde
- APIs de Blogue
DO BERCE Á LÚA
MARTIÑO, LUCAS, ANDER, MARTINA, CANDELA, LUCÍA, MARTÍN, MANUEL E THIAGO
RECITAN "CROCODILO" E "CINCO" , DE ANTONIO RUBIO E ÓSCAR VILLÁN.
Editorial: Kalandraka (Colección Do Berce á Lúa )
Música: Aida Saco
Proxecto: "Fíos de palabras. Contos impresos e de tradición oral"
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »