Intelixencia emocional

COIDARMOS

EREA E DAVID VIÑERON Á ESCOLA.
VIÑERON A ESCOITARNOS E A QUE NÓS OS ESCOITEMOS A ELES.  VIÑERON COÑECERNOS E A QUE NÓS OS COÑEZAMOS A ELES.
SENDO ASÍ TAN DISTINTOS COMO SOMOS TODOS E TODAS NÓS, O QUE TAL TEREMOS QUE FACER PARA ESCOITARNOS, RESPECTARNOS E COIDÁRMONOS !
PERO, CANDO VOLVAN HAN DE VER QUE, AÍNDA QUE ÁS VECES POIDA PARECER DIFÍCIL,  ESTAMOS XA A PRACTICAR DÍA A DÍA.

O noso agradecemento á Anpa Irmáns Ínsua e á Asociación Avoar

APARECEU A BICI

ÁS 9, CANDO CHEGOU Á ESCOLA, ÁLEX CONTOUNOS QUE SOÑARA QUE APARECERA A BICI. E QUE NEVABA...

ÁS 10 ABRIMOS UN GRANDE PAQUETE ENVOLTO EN FOLLAS DE XORNAL. DENTRO ESTABA A BICI DE ROI. E SENTIMOS TANTA ALEGRÍA COMO SE UNHA NEVE AMOROSA ESTIVERA A CAER POR RIBA NÓSA.

Quero que todos montedes na bici

A BICI DE MADEIRA DE ROI

A POMBIÑA DE ROI TROUXO O RECORDO DUN AGASALLO ESPECIAL DESAPARECIDO.
NA ESCOLA PREGUNTÁMONOS QUE LLE TERÍA PASADO A ESA BICI DE MADEIRA QUE LLE FIXERA  CHEGAR O SEU PAI DENDE SUÍZA.  E, AÍNDA SABENDO QUE NA VIDA DE ROI TER OU NON UN XOGUETE NON ERA REALMENTE IMPORTANTE, QUIXEMOS AXUDARLLE A INTENTAR RECUPEPAR ESA BICICLETA QUE CHEGARA A RIANXO EQUIPADA CUN GRANDE VALOR EMOCIONAL
.

 

 

 

 

MOITAS FORON AS PERSOAS QUE AXUDARON A DIFUNDIR A NOSA BÚSQUEDA E MESMO CHEGOU A SER NOVA DE INTERESE PARA UN XORNAL

 Búscase bici de madeira perdida; razón, escola de Campo de Pazos

POMBIÑAS DA MEMORIA

OS RECORDOS SON COMO POMBAS BRANCAS QUE ANIÑAN NA NOSA MEMORIA.
DÍO TOÑO NUÑEZ, E NÓS DÁMOSLLE CRETO.

 DO POMBAL ONDE ANIÑAN OS NOSOS RECORDOS QUIXEMOS DEIXAR VOAR ALGUNHAS POMBIÑAS...

MOITO GOSTAMOS DELAS ! PERO UNHA, A POMBA DE ROI, EXCITOU O NOSO INTERESE...

PINGAS DE LUZ

SOMOS PINGAS DE LUZ CONTRA AS VIOLENCIAS

25N

ACOMPAÑA O NOSO CAMIÑO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

"A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada."

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

   
   
   
   
   

"EU SON LIBRE

NADA PODE CONTER A MARCHA DOS MEUS PENSAMENTOS...

E ELES SON A LEI QUE REXE O MEU DESTINO"

ROSALÍA DE CASTRO

aula de 4 e 5 anos

CAMPAÑA SOLIDARIA

O CRA DE RIANXO PARTICIPA NA CAMPAÑA DE APOIO AO PROGRAMA DE ACOLLEMENTO TEMPORAL DE CRIANZAS REFUXIADAS SAHARAUÍS " VACACIÓNS EN PAZ" PROMOVIDO POLA ONG SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ.

PINTAR O SUFRIMENTO E A ALEGRÍA

 

"AUTORRETRATO CON COLAR DE ESPIÑAS"

E

"VIVA A VIDA"

COMA FRIDA REPRESENTAMOS A NOSA ALEGRÍA E O NOSO SUFRIMENTO

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 DE NOVEMBRO LEVANTAMOS A NOSA MAN PARA DENUNCIAR E FREAR A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

 PARA DENUNCIAR E FREAR A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES PARA A NOSA MAN TÓDOLOS DÍAS SERÁN O 25 DE NOVEMBRO .

Distribuir contido