Intelixencia emocional

DESEXOS DE PAZ

 

Este ano polo Día da Paz os nenos e nenas de Reli de Primaria decidimos elaborar unhas tarxetas conmemorativas para compartir coas nosas familias. En solidaridade con todos os nenos e nenas do mundo que sufren e que pasan necesidade, enviamos os nosos desexos de amor e paz para que todo o que vai mal no mundo se arranxe e todos podamos vivir en paz e con dignidade.

Nesta actividade traballamos dende o punto de vista emocional a empatía hacia os nosos semellantes. Na portada da nosa tarxeta estampamos a nosa man mollada en pintura blanca para crear a silueta dunha pomba, unimos deste xeito dous símbolos da paz tan importantes. Despois dentro da tarxeta felicitamos o Día da Paz a todo o mundo e escribimos os nosos desexos cargados de emocións:

 

 

 

Desexámosvos un feliz Día da Paz 2014. Se queredes ler máis desexos a continuación tedes a galería de imaxes, moitos biquiños e ata a próxima!

A BRUXA ANOXADA

Un dos conceptos máis importantes dos valores cristiáns é a Paz. Como cada ano os nenos e nenas de Reli conmemoramos o Día da Paz a través de diversas actividades, este ano empezamos traballando sobre un conto titulado:

La bruja enfadada, J. Sennell , ed. Círculo de Lectores

 

A través da lectura deste conto, reflexionamos sobre o comportamento dos seus persoaxes e  decubrimos que a violencia nunca sirve para nada , excepto para facerlle dano aos demáis. Traballamos dende o punto de vista emocional as consecuencias negativas que conleva deixarse levar polo enfado e a ira que tan ben se reflicten nesta historia. Para rematar fixemos a nosa propia versión do conto:

 

A BRUXA ANOXADA

 

Unha vez unha bruxa chamada Damedá que vivía no Poboado das Bruxas, iba paseando pola praza do pobo cando se atopou cunha receita tirada no chan.

 

Sen preguntar de quen era foise para a súa cova e comezou a elaborala. Era a receita do mexunxe verde que lle fai crecer o nariz a xente.

 

Tivo que ausentarse un instante da cociña para ir buscar un ingrediente á despensa, pero cal non sería a súa sorpresa cando ao voltar á cociña atopouse a ola rota e o mexunxe tirado polo chan.

 

Entón, moi anoxada, colleu na man un anaco da ola rompida e saiu a rúa berrando.

 

A bruxa máis bruxa de todas que ademáis era a bruxa que máis mandaba mandou poñer a todas as bruxas cos pes para arriba para averiguar quen lle rompera a ola a Damedá, posto que quen o fixera tiña que ter as solas dos zapatos manchadas de verde.

 

Era a bruxa Trastarrota que contou que lle rompera a ola porque Damedá lle roubara a receita,

 

e o soubo nada máis pasar por diante da súa cova cando lle chegou o cheiro do mexunxe que saía pola fiestra.

 

As dúas bruxas empezaron a berrar coma tolas: 

 

Entón a bruxa que máis mandaba lles dixo que berrando non ían a solucionar nada, só iban a conseguir facerse dano:

 

Como as bruxas non deixaban de berrar a bruxa que máis mandaba lles propuxo unha solución, que Damedá lle devolvera a receita a Trastarrota e que Trastarrota lle dera a súa ola a Damedá. 

 

 As bruxas decidiron facer as paces, pero estaban tristes porque ningunha das dúas podía facer o mexunxe verde, unha porque non tiña a receita e a outra porque non tiña ola:

 

 Pero a bruxa que máis mandaba lle dixo que se a facían as duas xuntas poderían ter mexunxe verde sempre que quixeran. E así o fixeron:

 

As dúas bruxas puxéronse moi contentas e se fixeron moi amigas, descubriron que a violencia nunca sirve para nada só para facer dano, e que falando e respetando aos demáis todos os problemas teñen solución. 

 

FIN


Bueno esperamos que vos gustase o noso conto, moitos biquiños e ata a próxima! Deixámosvos ca galería de imaxes da actividade:

 

 

DANIEL

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS
SE ESTAMOS DISPOSTOS A VER, PODEREMOS APRECIAR AS COUSAS EXTRAORDINARIAS QUE SUCEDEN NO MUNDO EN CADA MOMENTO. 
ASÍ O ENTENDEU O MEU NOVO AMIGO,  UN HOMIÑO QUE ATOPEI POLA RÚA. UN HOMIÑO QUE ESPERA PODER ATOPARSE CON NÓS NA BIBLIOTECA E EXPLICARNOS COMO FOI QUEN DE APRENDER A MIRAR O MUNDO.

PORQUE, HABEDES DE QUERER VIR Á BIBLIOTECA, NON SI? RECIBICHEDES XA A MIÑA CARTA?

visualiza a visita das aulas á biblioteca

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE CRUCEIRO

ESCOLA DE OUTEIRO

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE ABUÍN

FORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO

O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO" CONVIDA AO PROFESORADO E  FAMILIAS DA SÚA COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NUNHA SESIÓN DE FORMACIÓN E REFLEXIÓN SOBRE
A XESTIÓN DA CONVIVENCIA E A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NA INFANCIA

A ACTIVIDADE SERÁ PRESENTADA POR JACOBO MOSQUERA, EDUCADOR SOCIAL , E DESENVOLVERASE O XOVES 20 DE FEBREIRO DE 16:00 A 19:00h NA BIBLIOTECA DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS

ESES TEUS OLLOS

OLLOS PARA COÑECER O MUNDO. OLLOS PARA QUE O MUNDO NOS COÑEZA

Aula de 4 e 5 anos

FORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO

O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO" CONVIDOU AO PROFESORADO E  FAMILIAS DA SÚA COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NUNHA SESIÓN DE FORMACIÓN E REFLEXIÓN SOBRE A
XESTIÓN DAS EMOCIÓNS NA INFANCIA

A ACTIVIDADE  FOI PRESENTADA POR ESTHER DOMINGUEZ DUBRA, MESTRA NO CEIP ORTIGUEIRA DE VEDRA , E DESENVOLVEUSE O XOVES 30 DE XANEIRO DE 18:00 A 20:00h NA BIBLIOTECA DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS

ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA

O Club de lectura "Frores do meu amigo" do CRA de Rianxo reuniuse na escola de Cruceiro o xoves 23 para gozar unha vez máis da conversa, da lectura compartida... e dalgún que outro biscoito

ver " O curioso incidente do can á media noite"

FRORES DO MEU AMIGO

O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DO CRA INICIOU ESTE CURSO UNHA NOVA AVENTURA DE LECTURA COMPARTIDA.
A PRIMEIRA SESIÓN DESENVOLVEUSE NA ESCOLA DO PAZO O XOVES 12 DE DECEMBRO.

ver

"O CURIOSO INCIDENTE DO CAN..."

POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

CON MALALA COMO PROTAGONISTA OUTRO DÍA MÁIS

E CO CONTO ARTUR E CLEMENTINA

ADICAMOS PARTE DESTA XORNADA A REFLEXIONAR SOBRE A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

NESTE DÍA INTERNACIONAL POLA  ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.



 

TAMÉN OS NEN@S DE PRIMARIA COÑECEMOS A HISTORIA DE MALALA

E, A TRAVÉS DELA, VIMOS QUE POR DESGRACIA HAI MOITOS PAÍSES ONDE

AS NENAS(FUTURAS MULLERES) NON TEÑEN NINGÚN DEREITO,

CANDO AS PERSOAS INDEPENDEMENTE DO SEXO OU RAZA SOMOS IGUAIS.

 

 

 

 

 

Distribuir contido