Intelixencia emocional
MALALA
MALALA É UNHA NENA
POR SER NENA, DIXÉRONLLE QUE NON PODÍA IR Á ESCOLA
POR SER NENA E QUERER IR Á ESCOLA DISPARÁRONLLE NA CARA
MALALA SALVOUSE, PERO ...
OUTRAS NENAS E MULLERES SOFREN E MESMO MORREN POR SER NENAS E MULLERES
NENAS E MULLERES. QUIZAIS DISTINTAS A TI. PERO IGUAIS A TI
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
25 DE NOVEMBRO,STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA AVIOLENCIA DE XÉNERO
HOXE COÑECIMOS A MALALA, ESA NENA PAKISTANÍ QUE POR DEFENDER O SEU DEREITO DE IR Á ESCOLA FOI TIROTEADA POLOS TALIBÁNS, E ESTAMPAMOS AS NOSAS MANS LARANXAS PARA DICIR STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO PALABRA QUE APRENDIMOS HOXE E COMO DICÍA TAHIRA ,TEMOS QUE DEFENDER ÁS MULLERES E TAMÉN AS ÁRBORES, UNHA BOA ASOCIACIÓN. AMBAS RELACIONADAS COA VIDA E AMBAS AMEAZADAS.
- APIs de Blogue
POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
A BIBLIOTECA "AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" VEN DE PUBLICAR UN DÍPTICO POR UNHA EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE XÉNEROS E POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O 25 de novembro en
ESCOLA DE CRUCEIRO, 4 e 5 anos
ver tamén
O DEREITO DOS NENOS E AS NENAS, Pazo infantil
O DEREITO D@S NEN@S, Cruceiro 3 e 4
- APIs de Blogue
DEBUXOS CON AMOR...
... PARA ELIMINAR A DOR
ADICADO A DÁLIA, A VALENTE COMPAÑEIRA QUE PASOU UNS DÍAS NO HOSPITAL, E A RITA E FROILÁN QUE TAMPOUCO PODEN VIR Á ESCOLA MENTRES NON CUREN
Aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
Cores e emocións
Os nenos e nenas de Relixión de Primaria fixemos un experimento sensorial traballando coas emocións. A profe Celia tróuxonos á clase unha ficha con 12 debuxos de nenos aos que lle tiñamos que debuxar as caras. E as caras tiñan que expresar distintas emocións. Para rematar a actividade tiñamos que aplicarlle unha cor a cada emoción.
A continuación fixemos unha estadística para saber con que cores asociamos as distintas emocións, para elo seleccionamos as 5 emocións que máis se repetiron no debuxo das caras, e observamos as cores que lle fomos aplicando, anotamos cal se repetía máis segundo a emoción. Este foi o resultado:
LEDICIA : AMARELO
MEDO : MARRÓN
RABIA : VERMELLO
TRISTEZA: AZUL
VERGOÑA : ROSA
Que vos pareceu o noso experimento? Ti tamén asociarías estas emoción con estas cores? Nós non coincidimos ao 100% , houbo compañeiros que a LEDICIA, por exemplo, a asocian coa cor verde e outros a pintaron de coloríns. Ou no caso da TRISTEZA á profe lle sorprendeu que moitos de nós a pintaramos de azul. e cando nos preguntou o por qué, nos lle contestamos: "profe pintamos a tristeza de cor azul porque as bágoas tamén son azuis".
Pois nada so queriamos compartir co vos o noso experimento, esperamos que vos guste e vos animamos a que xoguedes nas vosas casas a asociar cores e emocións seguro que vos sorprendedes. Moitos biquiños e ata á proxima!
- APIs de Blogue
COÑECENDO AS NOSAS EMOCIÓNS
Ola a todos e a todas, xa están de volta as novas de Relixión, esperamos que nos votásedes moito de menos. Como cada ano os nenos e nenas de Reli do CRA empezamos o novo curso con moita ilusión. Neste inicio de curso falamos do importante que son as emocións nas nosas vidas. A través da figura do noso amigo Xesús descubrimos que non debemos deixarnos arrastrar polas emocións negativas, xa que con iso só conseguimos perxudicarnos a nós mesmos e aos demáis. Xesús dicía cousas como "se te pegan pon a outra meixela", "ama aos teus inimigos" ou "perdoa ata setenta veces sete", todas estas cousas son moi difíciles de facer verdade? pero podemos intentar levarnos o mellor posible para ser máis felices e descubrir o que significa a verdadeira amizade.
Con este fin traballamos un conto titulado "Un lío de monstros" e nos demos conta do importante que é non deixarse levar pola rabia ou o enfado porque pode ter unhas consecuencias catastróficas. Se queredes saber o que lle pasou aos seus protagonistas non deixedes de ler:
UN LÍO DE MONSTROS
( adaptación do conto "Un Halllowen diferente" de Pedro Sacristán cuentosparadormir.com)
Fai moitos, moitos anos, o país dos monstros era un lugar marabilloso. Os monstros eran seres larpeiros e agarimosos que lle querían moito aos nenos, se xuntaban para facer picnis onde comían moitas lambetadas, xogaban e lle contaban contos aos nenos e ás nenas.
Pero un día algúns monstros tiveron unha gran liortada por mor dun caramelo. empezaron a discutir por ver quen o papaba, e os seus berros arrepiantes asustaban ata ao máis pintado:
Tanto e tanto berraron que ata as propias letras que pronunciaban se asustaron e empezaron a fuxir de aquel lugar:
Ao final como non paraban de berrar case non quedou ningunha letra coa que pronunciar palabras:
Entón todo o que dicían os monstros deixou de comprenderse. só quedaron unhas poucas letras valentes como a A, a R ou a G. Os monstros so podían dicir palabras como ARRRRG!, AAAAAAH! ou GRRRR! Polo que a partir de entón os nenos lle empezaron a coller medo por falaren dese xeito, e empezou a extenderse a idea de que os monstros eran seres malvados que só querían facer dano:
Esta situación se prolongou por moito tempo, ata que unha nena que paseaba polo país dos monstros encontrou ás letriñas agochadiñas co medo debaixo dunhas follas. Esta nena, era unha nena moi especial que conservaba un amigo monstro, moi simpático e listo, que ao ver que todo o que dicía asustaba aos demais, se fixo pasar por mudo e entón seguía sendo amigo dos humanos:
A nena levou as letriñas para a súa casa para coidalas e as meteu nunha caixiña. Esa noite cando o seu amigo monstro a foi visitar púxose moi contento ao ver as letras desaparecidas, por señas pediulle á nena que llas prestara e por fin puido falar. Por primeira vez a nena escoitou a doce voz do monstro:
Entón os dous acordaron devolver as letras ao país dos monstros e se foron coa caixiña de porta en porta para que todos os monstros puideran volver dicir cousas agradables:
Tan contentos se puxeron os monstros por poder volver a falar que organizaron unha gran festa:
A partires dese día os nenos e as nenas e mailos monstros volveron ser amigos para sempre xamáis.
FIN
Vedes en que lío se meteron estes monstros por non saber controlar o mal xenio nin compartir? Non podemos deixar que estas cousas nos pasen a nós!... Esperamos que vos gustase moito o noso traballo, a continuación podedes ver a galería de imaxes sobre os debuxos que fixemos do conto. Moitos biquiños de todos os nenos e nenas de Relixión. Ata a próxima!
- APIs de Blogue
CALDEIRONS
22 CALDEIRÓNS VARARON NUNHA PRAIA DO NORTE DE GALICIA.
NA ESCOLA AGRADECEMOS O ESFORZO DE HOMES E MULLERES POR DEVOLVELOS Ó MAR. E QUIXEMOS COÑECER MELLOR A ESTES SERES
E SENTILOS SEMELLANTES A NÓS...
Aula de 4 e 5 anos
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5