Cores e emocións

Os nenos e nenas de Relixión de Primaria fixemos un experimento sensorial traballando coas emocións. A profe Celia tróuxonos á clase unha ficha con 12 debuxos de nenos aos que lle tiñamos que debuxar as caras. E as caras tiñan que expresar distintas emocións. Para rematar a actividade tiñamos que aplicarlle unha cor a cada emoción.

A continuación fixemos unha estadística para saber con que cores asociamos as distintas emocións, para elo seleccionamos as 5 emocións que máis se repetiron no debuxo das caras, e observamos as cores que lle fomos aplicando, anotamos cal se repetía máis segundo a emoción. Este foi o resultado:

    LEDICIA : AMARELO

 

   MEDO : MARRÓN

   RABIA : VERMELLO

   TRISTEZA: AZUL

  VERGOÑA : ROSA

 

Que vos pareceu o noso experimento? Ti tamén asociarías estas emoción con estas cores? Nós non coincidimos ao 100% ,  houbo compañeiros que a LEDICIA, por exemplo, a asocian  coa cor verde e outros a pintaron de coloríns. Ou no caso da  TRISTEZA á profe lle sorprendeu que  moitos de nós a pintaramos de azul. e cando nos preguntou o por qué, nos lle contestamos: "profe pintamos a tristeza de cor azul porque as bágoas tamén son azuis".

Pois nada so queriamos compartir co vos o noso experimento, esperamos que vos guste e vos animamos a que  xoguedes nas vosas casas a asociar cores e emocións seguro que vos sorprendedes. Moitos biquiños e ata á proxima!