COÑECENDO AS NOSAS EMOCIÓNS
Ola a todos e a todas, xa están de volta as novas de Relixión, esperamos que nos votásedes moito de menos. Como cada ano os nenos e nenas de Reli do CRA empezamos o novo curso con moita ilusión. Neste inicio de curso falamos do importante que son as emocións nas nosas vidas. A través da figura do noso amigo Xesús descubrimos que non debemos deixarnos arrastrar polas emocións negativas, xa que con iso só conseguimos perxudicarnos a nós mesmos e aos demáis. Xesús dicía cousas como "se te pegan pon a outra meixela", "ama aos teus inimigos" ou "perdoa ata setenta veces sete", todas estas cousas son moi difíciles de facer verdade? pero podemos intentar levarnos o mellor posible para ser máis felices e descubrir o que significa a verdadeira amizade.
Con este fin traballamos un conto titulado "Un lío de monstros" e nos demos conta do importante que é non deixarse levar pola rabia ou o enfado porque pode ter unhas consecuencias catastróficas. Se queredes saber o que lle pasou aos seus protagonistas non deixedes de ler:
UN LÍO DE MONSTROS
( adaptación do conto "Un Halllowen diferente" de Pedro Sacristán cuentosparadormir.com)
Fai moitos, moitos anos, o país dos monstros era un lugar marabilloso. Os monstros eran seres larpeiros e agarimosos que lle querían moito aos nenos, se xuntaban para facer picnis onde comían moitas lambetadas, xogaban e lle contaban contos aos nenos e ás nenas.
Pero un día algúns monstros tiveron unha gran liortada por mor dun caramelo. empezaron a discutir por ver quen o papaba, e os seus berros arrepiantes asustaban ata ao máis pintado:
Tanto e tanto berraron que ata as propias letras que pronunciaban se asustaron e empezaron a fuxir de aquel lugar:
Ao final como non paraban de berrar case non quedou ningunha letra coa que pronunciar palabras:
Entón todo o que dicían os monstros deixou de comprenderse. só quedaron unhas poucas letras valentes como a A, a R ou a G. Os monstros so podían dicir palabras como ARRRRG!, AAAAAAH! ou GRRRR! Polo que a partir de entón os nenos lle empezaron a coller medo por falaren dese xeito, e empezou a extenderse a idea de que os monstros eran seres malvados que só querían facer dano:
Esta situación se prolongou por moito tempo, ata que unha nena que paseaba polo país dos monstros encontrou ás letriñas agochadiñas co medo debaixo dunhas follas. Esta nena, era unha nena moi especial que conservaba un amigo monstro, moi simpático e listo, que ao ver que todo o que dicía asustaba aos demais, se fixo pasar por mudo e entón seguía sendo amigo dos humanos:
A nena levou as letriñas para a súa casa para coidalas e as meteu nunha caixiña. Esa noite cando o seu amigo monstro a foi visitar púxose moi contento ao ver as letras desaparecidas, por señas pediulle á nena que llas prestara e por fin puido falar. Por primeira vez a nena escoitou a doce voz do monstro:
Entón os dous acordaron devolver as letras ao país dos monstros e se foron coa caixiña de porta en porta para que todos os monstros puideran volver dicir cousas agradables:
Tan contentos se puxeron os monstros por poder volver a falar que organizaron unha gran festa:
A partires dese día os nenos e as nenas e mailos monstros volveron ser amigos para sempre xamáis.
FIN
Vedes en que lío se meteron estes monstros por non saber controlar o mal xenio nin compartir? Non podemos deixar que estas cousas nos pasen a nós!... Esperamos que vos gustase moito o noso traballo, a continuación podedes ver a galería de imaxes sobre os debuxos que fixemos do conto. Moitos biquiños de todos os nenos e nenas de Relixión. Ata a próxima!
- APIs de Blogue