Visita da profesora Marta e de Tobías
Xogo das Pantasmas coa profesora Marta e a profesora María
Hoxe viñeron á nosa escola a profesora Marta e o profesor Tobías. Contáronnos que a profesora Belén está un pouco enferma. A profesora Marta virá á nosa escola todos os venres ata que volva Belén, faceremos xogos e contaranos contos.
Ao principio estivemos con Marta os maiores: Anxo, Carlota e Pedro. Cando viñeron os pequenos fixemos coa profesora María varios xogos:
- Eu chámome e pícame: Carlota dicía "Eu chámome Carlota e pícame o nariz", Pedro que estaba ao lado dicía "Esta nena chámase Carlota e pícalle o nariz, ¡raña!, ¡raña!, e eu chámome Pedro e pícame o pé", e así seguía o xogo.
- As pantasmas: Era moi emocionante, pois tíñamos que apagar as luces, e a aula quedaba a escuras. A profesora María era unha pantasma que dicía vogais: a, o, a, e, cando dicía a vogal "i", tiñamos que correr para a alfombra, senón a pantasma collianos.
Pasamolo moi ben, como hoxe era venres tamén fixemos xogos e actividades cos contos para levar á casa.
»
- APIs de Blogue