PROXECTO "AS ABELLAS"

Este segundo trimestre investigamos acerca duns insectos moi interesantes, as abellas.

Aproveitando o remate do inverno e comezo da primavera, e o feito de que o noso traxe de Entroido foi de abelliñas, presentamos o tema.

As nosas familias están a colaborar moito. Investigan, elaboran xogos, veñen a falarnos delas e ata nos trouxeron unha colmea e regaláronnos mel.

Ademais, na visita que fixemos ao IES Félix Muriel, en Rianxo, axudamos ás abellas na súa tarefa polinizadora, neste caso, elaborando "bombas de sementes" que lanzamos no seu terreo.

Estudamos e clasificamos as plantas melíferas, as favoritas das abellas e non nos esquecemos da parte artística. Así, coñecemos cadros nos que as abellas son o centro e fixemos a nosa propia versión deles.

No vídeo podedes ver parte do traballo que estamos a realizar.