Blogues

Xa estamos de volta! Inicio de curso 24-25

Estimadas familias!!!

O claustro de mestres e mestras quere darvos a benvida a este novo curso no que de seguro compartiremos un montón de aventuras.

A actividade lectiva comezará o vindeiro 11 de setembro.

As titoras convocarán ás familias a unha reunión.

Sen máis, bo inicio de curso a toda a comunidade educativa, estamos a vosa disposicion para calquera dúbida.

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR
Dende o equipo directivo, estamos tendo dificultades para enviar avisos por Abalar.
De forma excepcional, imos usar o whatsapp das escolas para enviar algúns avisos ata que esto se resolva.
Vaise publicar na Pàxina Web do centro a proclamación dos candidatos/as para presentarse ás eleccións ao Consello Escolar. Polo sector de pais/nais/titores legais, as persoas candidatas son:
- Cousiño López, Jéssica Marìa (escola de Quintáns)
- Maneiro Carou, Mónica (escola de Quintáns) 
- Romay Fernàndez, Ana (escola de Capela)

As votacións celebraranse o vindeiro martes, 19 de novembro, de 15:30 a18:30. A mesa electoral estarà ubicada na Biblioteca da sede. 

 

(CLICA NA IMAXE)

 

O CASCO DE LEIRO

Os nenos e nenas das escolas de Rañó e Abuín tiveron a sorte de contar coa visita do señor José María Vicente Somoza que lles explicou como cando tiña 39 anos, aló polo ano 1975, traballando na construción dunha caseta para gardar os aparellos de traballo no "Curruncho dos Porcos" atopou o Casco de Leiro , exposto de forma permanente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón (A Coruña). 

Os máis pequen@s agradeceron toda a información, xenerosidade e amabilidade do Señor José María e do seu fillo cun diploma firmado por tod@s.

Moitas grazas!!! 

 

 

 

 

n/d

Actividade fisíca no CRA

                    
               


 

Distribuir contido