Blogues

Festa do Entroido na escola de Abuín

Hoxe celebramos o Entroido na escola de Abuín MOITAS GRAZAS AS FAMILIAS POLA ACOLLIDA

Pasamolo xenial!

 

 

                    

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Algunhas das actividades que fixeron na escola de Cruceiro para conmemorar  o Día Escolar da Non Violencia e da Paz foron:

A partir da lectura do conto de "Negros e Brancos" de David Mckee, identificamos o sentimento da rabia e o dramátizamos.

Pintamos a rabia e a calma escoitando "Requiem" de Mozart  e "Claro de Luna" de Debussy.

 

Semana da Ciencia

Esta semana os monitores de Arenaria visitarán as nosas escolas para implementar o método e a experimentación científica nas distintas aulas.

Adxuntamos o calendario.

 

Día especial na Escola de Rañó

O venres a nosa compañeira Carla trouxo a súa pandeireta para interpretar a canción "A Raíz do Toxo Verde" do grupo "A Roda". Despois dounos unha pequena clase de iniciación para coñecer un pouco máis sobre este instrumento.

                                                            Moitas grazas Carla! Pasámolo xenialRisa

 

Propostas para o Nadal

Está rematando o trimestre e chegan as vacacións. No Nadal teremos tempo para xogar, descansar, estar coa familia e amigos e facer moitas cousas máis. Non te esquezas de adicar un tempo á lectura. Un libro sempre é un bo amigo!

Deixamos aquí as Recomendacións Lectoras coas novidades e propostas interesantes para que vos animedes a ler nestas vacacións. (Clica na imaxe)

BO NADAL e FELICES LECTURAS!!!!

 

 

 

Distribuir contido