Blogues

Semana da Ciencia

Esta semana os monitores de Arenaria visitarán as nosas escolas para implementar o método e a experimentación científica nas distintas aulas.

Adxuntamos o calendario.

 

Día especial na Escola de Rañó

O venres a nosa compañeira Carla trouxo a súa pandeireta para interpretar a canción "A Raíz do Toxo Verde" do grupo "A Roda". Despois dounos unha pequena clase de iniciación para coñecer un pouco máis sobre este instrumento.

                                                            Moitas grazas Carla! Pasámolo xenialRisa

 

Propostas para o Nadal

Está rematando o trimestre e chegan as vacacións. No Nadal teremos tempo para xogar, descansar, estar coa familia e amigos e facer moitas cousas máis. Non te esquezas de adicar un tempo á lectura. Un libro sempre é un bo amigo!

Deixamos aquí as Recomendacións Lectoras coas novidades e propostas interesantes para que vos animedes a ler nestas vacacións. (Clica na imaxe)

BO NADAL e FELICES LECTURAS!!!!

 

 

 

3 de Decembro de 2023: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O venres o noso centro estivo participando a través das escolas de Abuín, Rañó, Quintáns e Pazo no FESTIRITITIti promovendo a INCLUSIÓN  a través do xogo e da diversión.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2023/12/01/medusas-gigantes-cocodrilo-dos-cabezas-globos-celebrar-inclusion-festiritititi-amicos/00031701443289848547949.htm

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

                

Distribuir contido