Blogues
II Congreso Nacional Escuela Rural
Parte do claustro do noso centro trasladouse a Ribadavia para asistir ao II Congreso Nacional Escuela Rural.
Seguimos formándonos para ofrecer a mellor ensinanza ó noso alumnado.
- blogue de admin
- APIs de Blogue
COMEDOR ESCOLAR
O noso futuro comedor escolar vai collendo forma
Moitas grazas pola colaboración do Concello de Rianxo e da ANPA Irmáns Insúa pola súa implicación para que este proxecto saia adiante.
- blogue de admin
- APIs de Blogue
Semana do LIbro: Picnic de Libros
Esta semana estamos conmemorando a Semana do Libro facendo un montón de actividades. Grazas ás familias por colaborar sempre.
- blogue de admin
- APIs de Blogue
Xornada de convivencia en Campo Maneiro
Estos días os nenos e nenas das distintas escolas estamos indo a Campo Maneiro a facer unha xornada de convivencia con algún alumnado do CEP Brea Segade e coa USC. Participamos no Proxecto "Máis ca Leña".
Aprendemos un montón de cousas acerca dos bosques (fogar de moitos animais, proporcionannos osíxeno, madeira, coñecemos distinto tipo de árbores, árbores invasoras, metódos de extracción da resina (tradicional ou moderno),diferencia entre plantar e sementar...). Para rematar a xornada fomos visitar as cabuxas e ós burros Michel e Salvador.
Están sendo unhas xornadas moi divertidas e fructíferas.
- blogue de admin
- APIs de Blogue
CHARLA - COLOQUIO con ANGEL CARRACEDO
Moitas grazas ó DR. Angel Carracedo por compartir con nós os seus coñecementos e experiencias. Seguro que nos van a axudar a mellorar a atención á diversidade do noso alumnado e conseguir unha educación un pouco máis inclusiva.
O noso centro traballa a prol dunha ESCOLA INCLUSIVA ,respetando a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE e favorecendo que TODO O ALUMNADO (con ou sen Necesidade Específica de Apoio Educativo (NEAE) acade o máximo DESENVOLVEMENTO das súas CAPACIDADES (tanto persoais como académicas). Para acadar este obxectivo intentamos DETECTAR O ANTES POSIBLE as DIFICULTADES coas que se atopa o noso alumnado e MINIMIZALAS A TRAVÉS do traballo das TITORIAS, do DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: ORiENTADOR, mestras de P.T (pedagoxía terapéutica) e A.L (audición e linguaxe), da COLABORACIÓN coa comunidade educativa, principalmente coas FAMILIAS e coa FORMACIÓN PERMANENTE DO CLAUSTRO.
Neste camiño o vindeiro MARTES 16 DE ABRIL de 16:00h a 18:00h No Auditorio de Rianxo. Temos o privilexio de poder ter unha CHARLA - COLOQUIO co recoñecido catedrático de Medicina Legal e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo. Invitamos as familias do CRA a que asistan e podan resolver de maneira directa con él as dúbidas que teñan.
Non perdades esta oportunidade, agardámosvos!
- blogue de admin
- APIs de Blogue
Xornada de convivencia: sesión de biblioteca do 3º trimestre
- Escoitamos o conto de Wangari e fixemos unha manualidade para poñer nas nosas plantas e lembrarnos da importancia de plantar árbores autóctonas.
- Tocamos instrumentos, fixemos unha danza e escoitamos música africana.
- Elaboramos colares masais e fixemos un tambor con material de refugallo.
Aquí vos deixamos un pequeno video para que vexades o ben que o pasamos
- blogue de admin
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »