CHARLA - COLOQUIO con ANGEL CARRACEDO

Moitas grazas ó DR. Angel Carracedo por compartir con nós os seus coñecementos e experiencias. Seguro que nos van a axudar a mellorar a atención á diversidade do noso alumnado e conseguir unha educación un pouco máis inclusiva.Risa

 

O noso centro traballa a prol dunha ESCOLA INCLUSIVA ,respetando a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE e favorecendo que TODO O ALUMNADO (con ou sen Necesidade Específica de Apoio Educativo  (NEAE) acade o máximo DESENVOLVEMENTO das súas CAPACIDADES (tanto persoais como académicas). Para acadar este obxectivo intentamos DETECTAR O ANTES POSIBLE as DIFICULTADES coas que se atopa o noso alumnado e MINIMIZALAS A TRAVÉS do traballo das TITORIAS, do DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: ORiENTADOR, mestras de P.T (pedagoxía terapéutica) e A.L (audición e linguaxe), da COLABORACIÓN coa comunidade educativa, principalmente coas FAMILIAS e coa FORMACIÓN PERMANENTE DO CLAUSTRO.

Neste camiño o vindeiro MARTES 16 DE ABRIL de 16:00h a 18:00h No Auditorio de Rianxo. Temos o privilexio de poder ter unha CHARLA - COLOQUIO co recoñecido catedrático de Medicina Legal e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo. Invitamos as familias do CRA a que asistan e podan resolver de maneira directa con él as dúbidas que teñan. 

Non perdades esta oportunidade, agardámosvos!