2022-2023

Actividades desenvoltas ao longo do curso 22-23

CIENCIA NA ESCOLA: SEMANA DA CIENCIA CON ARENARIA

Ao longo da derradeira semana de xaneiro os nosos amigos María e David de Arenaria percorreron as nosas escolas para levar a cabo a semana da ciencia. Trouxéronnos moitas cousas incribles nestas sesións divulgativas que tiveron lugar nas nosas aulas.

Pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas sobre o monte, implementando nas nosas aulas experiencias para enriquecer o proxecto documental integrado que traballamos este ano "Monte Vivo".

Comenzamos o ENTROIDO! O Toribio manda...

 

 

                                                                         

 

 

 

 

5ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23: "CREANDO NEVE"

Nestas xornadas noso club de ciencia María e David ensináronnos a facer neve artificial partindo dun cueiro! Queee? Si, escoitaches ben dun cueiro!! Todo é debido a unha substancia química. Queres saber cal é? Non te perdas o seguinte vídeo

 

 

Pasámolo xenial creando figuras e animais fantásticos coa nosa neve artificial! Ata a próxima!

 

 

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: "EXPERIMENTANDO CA MALETA CIENTÍFICA VIAXEIRA EN QUINTÁNS"

 

Durante case un mes @s nos@s compañeir@s de Quintáns puideron gozar da maleta viaxeira, cando chegou á escola descubriron todo o que lles ofrecía para aprender e observar moitas cousas de ciencia e como non para experimentar!! 

 

 

Noraboa polo traballo compañeir@!

CIENCIA NA ESCOLA 22-23: "SETAS XIGANTES EN CAPELA"

As familias de Capela están colaborando e investigando moito dende as casas para enriquecer o noso P.D.I. "Monte vivo" que estamos a traballar nas nosas escolas. Desta vez trouxeron unhas setas cun tamaño considerable, quedamos tod@s abraiad@s! 

Moitas grazas familias! 

 

4ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23:"METEORÓLOGOS POR UN DÍA"

Nestas xornadas de club de ciencia aprendemos moito sobre as características do tempo atmosférico e sobre o clima. Entre outras cousas, fixemos un experimento con auga onde puidemos comprobar como a auga quente sube e a auga fría se queda abaixo!

Bicos! Ata a próxima!

3ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23:"PALEONTOLOXÍA"

Nestas xornadas do noso club de ciencia convertémosnos en paleontólogos por un día. Coñecemos moitas cousas sobre fósiles. Buscamos en terra e en en xeo os nosos fósiles utilizando diversas ferramentas!

Pasámolo xenial! Ata a próxima!

Día da Candeloria

O NACEMENTO DO DRAGÓN E OS SÍMBOLOS DA PAZ

Este curso para conmemorar o Día da Paz 2023 os nenos e nenas de Relixión e de Atención Educativa/Valores/Proxecto Competencial limos o conto "O Nacemento do Dragón". Nesta historia descubrimos que en China o dragón é considerado un símbolo de paz e prosperidade e decatámonos de que existen moitos símbolos da paz ao longo do mundo distintos ao que para nós é o símbolo da paz máis coñecido e familiar: a pomba. 

Consideramos que era impotante investigar sobre os símbolos da paz e entender cal é a súa orixe e o seu significado. Clicando a continuación, entraremos nun documento onde podemos ver os signos da paz máis coñecidos do mundo.

OS SÍMBOLOS DA PAZ

Distribuir contido