2022-2023
Día mundial do medioambiente
Que mellor forma de conmemorar o día mundial do medioambiente que facendo unha ruta pola zona da Ermida e coñecendo da man de Emilio a flora e a fauna da beira do río Te. Aprendemos moitas cousas das sobreiras, ameneiros, madreselva, bagoas de San Xoán, cortadeiras, ras, zapateiros, ...
Aproveitando a saída visítamos o muíño da Veiga, propiedade da familia de Martín Pan aos que lle agradecemos as explicacións e a super merendola que nos prepararon.
Moitas grazas!
.
- blogue de admin
- APIs de Blogue
XORNADA COA USC
Hoxe algunhas das escolas desplazáronse a Campo Maneiro para realizar varias actividades guiadas por monitores da USC.
- Paseo para recoñecer árbores, plantas e escoitar o canto dos paxaros.
- Contacontos "Paxaro Amarelo" de Olga de Dios.
- Obradoiro para elaborar casiñas para paxaros.
- ...
- APIs de Blogue
XORNADA COA USC
Hoxe algunhas das escolas desplazáronse a Campo Maneiro para realizar varias actividades guiadas por monitores da USC.
- Paseo para recoñecer árbores, plantas e escoitar o canto dos paxaros.
- Contacontos "Paxaro Amarelo" de Olga de Dios.
- Obradoiro para elaborar casiñas para paxaros.
- ...
- APIs de Blogue
Xornada de Convivencia
Hoxe os nenos e nenas das escolas de Outeiro e Capela foron a Campo Maneiro onde tiveron uns guías moi especiales, un grupo de alumnos e alumnas do CEP Brea Segade.
Unha vez alí fixeron unha roda de presentación, tiveron a oportunidade de ler algún conto como o de Xaime e as landras, recolleron elementos naturais para facer un mandala (Land Art), merendaron observaron experimentaron, escoitaron ... a flora , fauna e outros elementos da contorna, Selene e Manuel da escola de Capela explicaronlles aos compañeiros e compañeiras moitas cousas sobre a resina e a casca da sobreira. Posteriormente merendaron e fixeron unha ruta guiada coa axuda da profe Cova e dun grupo de alumnos e alumnas do CEP Brea Segade onde lles explicaron moitas cousas sobre os castiñeiros, sobreiras, cabras, abellas, burros...
Foi unha xornada marabillosa!
- APIs de Blogue
Ahí ven o Maio, maiño, maiolo...
Os nenos e nenas da escola de Cruceiro festexaron a Festa dos Maios facendo participe á veciñanza da mesma, coñecendo a orixe desta tradición, cantando, xogando, lendo contos...
- APIs de Blogue
Semana do Libro
Conmemoramos a Semana do Libro con actividades e xogos como contacontos coas familias, elaboración de marcapaxinas, os nosos contos favoritos...
- blogue de admin
- APIs de Blogue
PORTAPAPEIS SOLIDARIOS
O vindeiro 15 de maio levaremos a cabo no noso centro a conmemoracón do Día das Letras Galegas, desprazarémonos todos e todas ata o centro de Rianxo para facer diversos actos en defensa da nosa lingua. Este ano ademáis incluiremos un mercado solidario en beneficio de ACNUR.
Que é ACNUR? As súas siglas significan "Alto Comisionado das Nacións Unidas para @s Refuxiad@s". A Organización das Nacións Unidas ou ONU é una organización internacional formada por 193 países independentes, que se reúnen libremente para traballar xuntos en favor da paz e da seguridade de todos os pobos, así como para loitar contra a pobreza e a inxustiza en todo o mundo.
A ONU fundou ACNUR en 1950, esta organización internacional adícase a axudar ás persoas que teñen que fuxir dos seus fogares para salvar a vida, refuxiados por mor de guerras, persecucións ou desastres naturais.
Inicialmente fora creada ao rematar a Segunda Guerra Mundial co obxectivo de axudar aos millóns de persoas que tiveran que fuxir de Europa polo conflicto ou que perderan os seus fogares. Creouse para operar durante 3 anos. Pero pola labor tan importante que realiza, segue funcionando 73 anos despois da súa creación asistindo e protexendo a persoas refuxiadas por todos os recantos do mundo.
Cando as persoas son forzadas a fuxir, é esencial emprender accións rapidamente. Con frecuencia, as persoas refuxiadas cruzan as fronteiras traumatizadas, famentas e exhaustas, portando moi poucas pertenzas.
ACNUR esfórzase por garantir que cheguen a un lugar seguro e que non sexan devoltas a contextos nos que perigan as súas vidas ou a súa liberdade, establecéndoas en lugares seguros, lonxe dos conflictos ou de quenes buscan facerlles dano; asimesmo, distribúe rapidamente suministros e moviliza a persoal experto para brindar protección. Ademais, garante que as persoas refuxiadas e desprazadas conten con aloxamento, alimentos, auga, atención médica e axuda para atopar a familiares desaparecidos. E tamén lles axuda a buscar un fogar en países de acollida que lle den asilo e refuxio temporal coa esperanza de que poidan regresar nun futuro próximo a os seus países de orixe.
A súa labor é recoñecida mundialmente chegando a ser premiada en dúas ocasións co Premio Nobel da Paz en 1954 e en 1981, dende a súa creación axudou a máis de 50 millóns de persoas refuxiadas a reconstruir as súas vidas.
As nenas e nenos do CRA tamén queremos colaborar con ACNUR, polo que decidimos dende a clase de Relixión e Atención Educativa colaborar no mercado solidario creando uns portapapeis con pinzas de madeira.
Animamos a todo o mundo a colaborar no mercado solidario que levaremos a cabo na mañá do día 15 de maio na praza do concello.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »