2022-2023

Actividades desenvoltas ao longo do curso 22-23

CIENCIA NA ESCOLA 22-23:"VOLUMES E MEDIDAS EN CAPELA PRIMARIA"

Na escola de Capela están moi interesad@s en coñecer os principios básicos da Física no que ten que ver con medidas e volumes. Así pois puxéronse mans á obra e realizaron diversos experimentos utilizando varios utensilios de medida para calcular a capacidade.

 

 

Bravo compañeir@s, estades feit@s uns verdadeiros físic@s!

7ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 22-23:"INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA"

Nesta sesión do club de ciencia coñecemos moitas cousas sobre robótica e de como funcionan os robots. Logo puxémolo en práctica xogando con paneis e escornabots.

Pasámolo xenial! Ata a próxima.

Programa de alimentación saudable

O claustro de mestres segue formándose en hábitos de alimentación saudable para seguir mellorando na educación  para a saúde do noso alumnado e das súas familias.

Momentos de despedidas

Hoxe dicimos adeus a Mari, a nosa coidadora, coa esperanza que volva a repetir no CRA.

Moitas grazas polos regaliños Beso

A Trastenda dos Contos - Caxoto

Hoxe fomos ao auditorio a desfrutar dun contacontos organizado pola ANPA. MOITAS GRAZAS!

Somos ECOLOXISTAS!

Para rematar o proxecto deste ano "MONTE VIVO" os nenos e nenas da escola de Capela fixeron un videoclip para lembrarnos da importancia do coidado do medioambiente.

SEXAMOS ECOLOXISTAS!

 

Música: "Ecoloxistas" de Pablo Díaz

 

Excursión de fin de curso

Que mellor forma de rematar o curso que facer unha xornada de convivencia con tódalas escolas do CRA. Nesta ocasión fomos ata Carril onde nos estaban esperando os monitores e monitoras de Arenaria para facer unha actividade intermareal e axudarnos no embarque e traslado a illa de Cortegada. Unha vez na illa fixemos un roterio guiado e como o día se prestaba tamén nos bañamos e fixemos moitos xogos. Foi unha xornada inolvidable!

Música: "Foliada de Carril" - A Roda

Distribuir contido