Xornada de Convivencia

Hoxe os nenos e nenas das escolas de Outeiro e Capela foron a Campo Maneiro onde tiveron uns guías moi especiales, un grupo de alumnos e alumnas do CEP Brea Segade.

Unha vez alí fixeron unha roda de presentación, tiveron a oportunidade de ler algún conto como o de Xaime e as landras, recolleron elementos naturais para facer un mandala (Land Art), merendaron observaron experimentaron, escoitaron ... a flora , fauna e outros elementos da contorna, Selene e Manuel da escola de Capela explicaronlles aos compañeiros e compañeiras moitas cousas sobre a resina e a casca da sobreira. Posteriormente merendaron e fixeron unha ruta guiada coa axuda da profe Cova e dun grupo de alumnos e alumnas do CEP Brea Segade onde lles explicaron moitas cousas sobre os castiñeiros, sobreiras, cabras, abellas, burros...

Foi unha xornada marabillosa!