O NACEMENTO DO DRAGÓN E OS SÍMBOLOS DA PAZ
Este curso para conmemorar o Día da Paz 2023 os nenos e nenas de Relixión e de Atención Educativa/Valores/Proxecto Competencial limos o conto "O Nacemento do Dragón". Nesta historia descubrimos que en China o dragón é considerado un símbolo de paz e prosperidade e decatámonos de que existen moitos símbolos da paz ao longo do mundo distintos ao que para nós é o símbolo da paz máis coñecido e familiar: a pomba.
Consideramos que era impotante investigar sobre os símbolos da paz e entender cal é a súa orixe e o seu significado. Clicando a continuación, entraremos nun documento onde podemos ver os signos da paz máis coñecidos do mundo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
OS SÍMBOLOS DA PAZ.pdf | 1.41 MB |
»
- APIs de Blogue