2007-2008
TRABALLAMOS POLA NATUREZA.
NA ESCOLA DE CRUCEIRO TRABALLAMOS MOITO CA NATUREZA. Tania.5 anos.
COIADAMOS MOI BEN AS PLANTAS. PLANTAM0LAS E REGAMOLAS.Laura.5 anos.
SEPARAMOS TODO O LIXO.Lia,5 anos.
BOTAMOS O PAPEL A RECICLAR.Desi,4 anos.
BOTAMOS OS REST0S DA FROITA NO COMP0STEIRO.Irene,4 anos.
FACEMOS O TALLER DE RECICLAXE.Eva,5 anos
VIXIAMOS QUE NON HAXA LIXO NO PATIO.Joel,5 anos
Traballar con Voz Natura coidando e aprendendo da natureza é doado. Jose Antonio visítanos, transmítenos o seu entusiasmo e anímanos a seguir e nós facemos o que xa tan ben sabemos facer: separamos o lixo, elabormos abono, contribuímos ó reciclaxe dos plásticos, papel de aluminio e papel e cartón, renovamos o xardín, coidamos das plantas, observamos os cambios na natureza e reutilizamos un montón de envases e outro material no noso obradoiro semanal. Fai xa algúns meses realizamos un " documental " onde explicabamos todo o que facemos na escola para coidar a natureza. Gustaríanos podérvolo amosar algún día neste portal.
Ademáis, este curso visitáronnos dúas monitoras do Concello de Rianxo. Faláronnos dos " tres erres " ( reducir, reciclar e reutilizar ) e representaron un conto que nos fixo sentir pena e preocupación ó principio, cando os contedores de lixo enfermaban por ter todo misturado, e moita alegría ó final cando a súa amiga foi quen de aprenderlle á xente a separar o lixo nos distintos contedores. Tamén nos aprenderon a convertir botellíns de auga nunhas estupendas maracas e non puidemos rematar a sesión de outro xeito: bailamos e tocamos ó ritmo dunha alegre peza musical!.
A PIZARRA DIXITAL NA AULA DE 3 ANOS DA ESCOLA DE CRUCEIRO
Desde comezo de curso os nenos e nenas de 3 anos víamos colgada na aula do Ordenador algo parecido ás nosas pizarras verdes, pero de cor branca e coa que tiñamos que ter coidado. Non sabíamos o que era nin para que se podía utilizar.
O último día que Pablo pasou na escola estivo connosco e ensinounos a usala, debuxamos todos nela, descubrimos que era moi divertido usala e tamén como se chamaba, era a pizarra dixital.
Esta foi a nosa primeira creación, esperamos que vos guste:
Somos nos, os nenos e nenas de tres anos da escola de Cruceiro: Pati, Borja, Rubén, Selenia, Aitor, César, Andrea, Silvia e Jorge
INVASIÓN DE RATOS EN HAMELÍN
O ALCALDE DA FAMOSA CIDADE DE HAMELÍN APROVEITA MENTRES NON CHEGA O "ENCANTADOR " FLAUTISTA PARA FACERSE AMIGO DUNS SIMPÁTICOS RATIÑOS QUE INVADIRON A SÚA CASA.
ÚLTIMAS NOTICIAS: ESCOITANSE XA ÁS AFORAS DA VILA OS SONS DUNHA FLAUTA. PARECE QUE SE ACERCA O FLAUTISTA SEGUIDO POR UN NÚMERO INDETERMINADO DE RATOS. SEGUIREMOS INFORMANDO
- APIs de Blogue
Suxerencias a respecto da mellora da Convivencia no C.R.A.
O orientador do Centro, ten elaborado un informe sobre a Convivencia no C.R.A. de Rianxo. O informe remata cunha serie de propostas e suxerencias para a mellora da convivencia no C.R.A. de Rianxo, que a seguir se insertan. Se se desexa pode tamén baixarse o informe.
DEFINICIÓN DE PROPOSTAS E OBXECTIVOS
Cara a mellora na convivencia escolar no C.R.A.de Rianxo suxírese:
Consolidar o Observatorio da Convivencia como órgano no que abordar a convivencia no C.R.A. de Rianxo
Reforzar o traballo titorial nos seguintes aspectos:
o Comunicación coas familias
o Coordenación co profesorado intervinte na aula
o Posta en marcha de xeito programado plans de mellora da convivencia nas aulas.
Valorar a necesidade de dotarse o centro dunhas normas de convivencia que regulen as relacións dos membros do C.R.A.
o Profesorado:
1. Coordenación entre o profesorado intervinte na aula.
2. As comunicacións coas familias
3. Os plans de traballo titorial
o Familias:
1. As comunicacións co centro e cos titores
2. A entrega e a recollida dos nenos/as
o Alumnos:
1. A utilización dos espacios e recursos da escolas
2. A realización das tarefas escolares
3. As relacións cos profesores/as
4. As relacións cos compañeiros/as
A creación dun órgano específico, dentro do observatoro de conviviencia para tratar asuntos individuais relacionados con problemas conductuais ou familiares.
En Rianxo a 7 de Abril de 2.008
- APIs de Blogue
NOVA AGRESIÓN Á ESCOLA DE CUVIDE
Desolación, rabia, impotencia..., xa non atopo palabras para describir o sentimento que produce o chegar o luns á escola e atoparse con que todo o traballo de plantación que fixemos dentro do proxecto de educación medioambiental "Voz Natura" está esnaquizado por culpa duns desaprensivos; as plantas do xardin levantadas, algunhas rotas;
dúas macetas de barro colgantes e outras dúas das decoradas polos nenos e nenas, rotas
as xardiñeiras envorcadas. Unha veciña xa metera a terra e as plantas de novo nalgunha e mostraba indignación cando me contaba o que acontecera.
as canastas de baloncesto, con pintadas obscenas : "puta", "polla" con ilustracións tan interesantes como un par de penes en erección cos seus respectivos testículos dos que non vou a poñer imaxes, porque esta páxina tamén vai ser visionada polo alumnado, pero sí quero que conste este feito; un barrote dun columbio astillado onde me fixen dano ao comprobar a perigosidade que podía ter de cara aos nenos,
e a pechadura da porta obstruída cunha madeira que meteron dentro co que ao non poder entrar obrigou a determinadas familias a levar aos nenos para casa dado que tiñan que ir traballar para que máis tarde os trouxesen os avós ou avóas : hora e vinte de espera co frío que hoxe facía.
Hai uns días presentamos un escrito de denuncia ante o Concello e a Garda Civil porque baleiraran unhas xardiñeiras diante da porta colocando un preservativo no medio. A raíz dese comunicado - denuncia a concellala correspondente, aproveitando unha visita que fixemos á Biblioteca de Rianxo, púxose en contacto conmigo e comentou que había que facer algo para impedir que estas situacións continuaran. Pero eu non vexo que se faga nada pois chamei á directora para manifestar o meu desexo de que se personara a garda civil na escola. Comentoume que do Concello ían mandar un municipal pero non foi así, ninguén se presentou para tomar nota dos danos que en gran medida non son cuantificables porque como se mide a frustración!
Mentres os nenos e nenas estaban en clase de Inglés, dediqueime a plantar de novo todas as plantas no xardín e nas xardiñeiras.
Só apareceu un operario do Concello para arranxar a pechadura; parece que ao Concello únicamente lle interesa solucionar os problemas meramente funcionais : que o alumnado entre na escola e punto.
A PIZARRA DIXITAL
PABLO E LORENA AXUDARONNOS A TRABALLAR COA PIZARRA.
LORENA E MOI DIVERTIDA.
GUSTOUNOS MOITO.
DESI, IRENE E IVAN. 4 e 5 anos.
- APIs de Blogue
HUM, QUE RICO !
HUM, QUE RICO !
( dicía Cocorico )
Mentres estivo Pablo con nós na escola puidemos investigar varios temas, pero un dos que máis nos gustou ( hum, que rico ! ) foi o dos alimentos.
Aprender sobre os alimentos alimenta un montón o cerebro pero se ademáis os podes comer, estás alimentando todo o corpo. E como nós queremos coidarnos ben, fixemos as dúas cousas : aprendemos e comemos ( e convidamos que tamén nos gusta compartir.
Descubrimos que os alimentos poden proceder das plantas ou dos animais; pódense consumir crus ou cociñados; mercámolos ou producímolos nas nosas casas; podémolos agrupar en distintos conxuntos ( lácteos, cereais,... ).
Lembramos normas de saúde e hixiene; nomes relacionados cos alimentos e os útiles da cociña,...
A prendemos vendo e facendo que é un bodegón; pintamos con mazás e pementos, con café e colorantes alimentarios...
Fixemos unha chea de cousas, pero o que mellor nos saiu foi preparar uns deliciosos zumes de laranxa, cenoria e mazá e un completo menú para un xantar
Os zumes tomámolos a media mañá e convidamos ós nosos compañeiros da aula de tres anos. Facer os zumes de laranxa foi divertido, pero utilizar a licuadora para espremerlle o zume ás cenorias e ás mazás resultou emocionante !
Organizar o xantar foi un pouco máis complicado e levounos tres días. Queríamos convidar ós papás e as mamás e tiñamos que ter todo ben planificado.
Empezamos por decidir o menú ( entrantes de queixo, ensalada de pasta e amorodos con iogur ). Tivemos tamén que elaborar unha lista da compra, e como non, as invitacións para o xantar.
O segundo día fomos mercar todo o que precisabamos, pero coma as chicas que traballan no súper son tan amables, aprendéronnos tamén unha chea de cousas mentres nos ían explicando todo o que viamos.
E chegou o terceiro día. Elaboramos os tres platos, preparamos as mesas, recibimos as nosas convidadas ( non nos acompañou ningún papá, pero si viñeron mamás, unha avoa e unha irmá ), servimos o xantar e disfrutamos do noso traballo, da comida e da compañía.
E...PICOTÍ, PICOTÁ
COMÉMOLO TODO
UN POUCO NÓS
E OUTRO POUCO
AS NOSAS MAMÁS
IVÁN, LÍA,EVA, JOEL, ALEX, TANIA, LAURA, YAIZA, DESI, IRENE,PABLO E SOL
( Case se nos esquece: grazas a Carmen María e a Charo por vir a falarnos dos seus oficios, relacionados coa alimentación ! )
SAÍDA A RIANXO
No mes de abril os nenos do C.R.A. van realizar unha saída a Rianxo para visitar ó Museo do Mar e a Biblioteca,dónde haberá unha sesión de animación a lectura.
O xoves 3,irán Cuvide,Cruceiro e Pazo.
O venres 4,irán Abuin,Rañó Quintáns e Outeiro.
Por último,Vacariza e Capela irán o luns 7 de abril.
Os nenos de Pazo esperamos pasalo ben e que sexa interesante.
SAÍDA Á RIANXO
OS NENOS DE CRUCEIRO MAÑA IMOS A RIANXO.Laura.5 anos.
IMOS A BIBLIOTECA E O MUSEO DO MAR. Irene. 4 anos
NA ESCOLA ESTAMOS INVESTIGANDO OS OFICIOS.Tania.5 anos
O MEU AVO VEU A ESCOLA A CONTARNOS A HISTORIA DE CANDO ERA PEQUENO. Eva.5 anos.
ESTAMOS COMPARANDO OS 0FICIOS DE ANTES E DE AGORA. Alex.5 anos.
MAÑAN IMOS SEGUIR INVESTIGANDO. Joel.5 anos.
XA VOS CONTAREMOS MAIS OUTRO DIA. Lia. 5 anos
O estudo dos oficios desenvolvido na aula o curso pasado complementouse este ano realizando unha recompilación máis exhaustiva de datos relacionados cos oficios dos pais e nais.
A visita dun avó nos ofreceu ademáis un novo tema de investigación. Ó contarnos como era a vida en Rianxo e Taragoña cando él era novo, decatámonos de que moitos dos oficios que teñen os nosos pais non existían daquela, e outros que eran frecuentes naqueles tempos case desapareceron na actualidade.( CHE, GRAZAS POLA TÚA CONVERSA ).
Estivemos tamén a ver imaxes antigas de Rianxo e descubrimos distintos aspectos da vida na vila fai 50 ou 60 anos.
A visita ó Museo do Mar aportounos aínda máis información sobre como se realizaban distintos oficios relacionados co mar.
Sol Beiroa.
"GUIADA DA MAN DUN SOÑO A PRIMAVERA CHEGOU" (Manuel María)
A primeira hora da mañá, ás nove, a furgoneta cargada de plantas, arbustos, terra e cortiza chegou a nosa escola; non dabamos feito en colocar todo no porche para unha vez alí organizar todo o traballo; era moita a efervescencia : querían saber os nomes de tantas ducias de plantas como alí había : petunias, pensamentos, begonias, azaleas, dimorfotecas, margaridas, iberis, xeraneos, rododendros, cinerarias, surfinias, caraveis chineses, xazmíns, taxetes.....
Comezamos por plantar unha petunia, begonia ou pensamento- a elixir-, nas macetas que nos trouxeron os Reis Magos e que tan ben decoradiñas deixamos pintándoas con pincel e pinturiñas desas que secan axiña.
E entón, menos mal, chegaron dúas nais, unha avóa e unha tía, que axudáronos moito. (Tamén chegou Lorena, esa profe que sabe tanto de ordenadores, con dous señores aos que non puidemos atender porque andambamos moi liados, pero agradecémoslle que viñeran a poñernos o canón, a ver se aprendemos a traballar con el).
Logo os nenos e nenas cargaban as carretillas de terra para botar nas xardiñeiras e nas macetas colgantes para que unha vez que tiveran as plantas, decoraran os peitoriles das ventás e a fachada da escola.
Máis tarde pasamos ao deseño do xardín, pero antes rastrillaron; mesmo o feito de ter un braciño roto e escaiolado non foi obstáculo para que Anxo traballara arreo desde as nove ata as dúas cun pequeno descanso para merendar, facer un debuxo do traballo realizado e enviarlle un comentario por internet aos nenos e nenas de Cruceiro polo bonito conto que fixeron titulado "Paco Pacolo". Tamén Pedro e Raúl enviaron un comentario. Non deu tempo a que o escribiran todos os nenos e nenas; farano outro día.
As familias deseñaron o xardín colocando as plantas que os nenos levaban sen sacalas da maceta.
Os nenos miraban moi atentos para ver onde tiñan que sachar para facer os coviños.
Regaron, sacharon, cargaron carretillas con pedrolos que sacaban ao sachar, algúns incriblemente grandes; carrexaron cortiza, espallárona e contemplaron o bonito que estaba todo.
Anxo dicía : "Quen me dera poñer flores por todo o patio, está tan bonito...."
Dicía Antonio Machado "La primavera ha venido
nadie sabe como ha sido".
Na escola de Cuvide sí sabemos como chegou; chegou con esforzo, tesón, ilusión..., guiada da man dun soño do que non queremos espeertar cun mal pesadelo.
E agora unhas fotiños do grupo, dalgún momento do traballo da representación plástica e dos espacios que hoxe coidamos e seguiremos coidando.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »