HUM, QUE RICO !

HUM, QUE RICO !

( dicía Cocorico )

Mentres estivo Pablo con nós na escola puidemos investigar varios temas, pero un dos que máis nos gustou ( hum, que rico ! ) foi o dos alimentos.

Aprender sobre os alimentos alimenta un montón o cerebro pero se ademáis os podes comer, estás alimentando todo o corpo. E como nós queremos coidarnos ben, fixemos as dúas cousas : aprendemos e comemos ( e convidamos que tamén nos gusta compartir.

Descubrimos que os alimentos poden proceder das plantas ou dos animais; pódense consumir crus ou cociñados; mercámolos ou producímolos nas nosas casas; podémolos agrupar en distintos conxuntos ( lácteos, cereais,... ).

Lembramos normas de saúde e hixiene; nomes relacionados cos alimentos e os útiles da cociña,...

A prendemos vendo e facendo que é un bodegón; pintamos con mazás e pementos, con café e colorantes alimentarios...

Fixemos unha chea de cousas, pero o que mellor nos saiu foi preparar uns deliciosos zumes de laranxa, cenoria e mazá e un completo menú para un xantar

Os zumes tomámolos a media mañá e convidamos ós nosos compañeiros da aula de tres anos. Facer os zumes de laranxa foi divertido, pero utilizar a licuadora para espremerlle o zume ás cenorias e ás mazás resultou emocionante !

                        

Organizar o xantar foi un pouco máis complicado e levounos tres días. Queríamos convidar ós papás e as mamás e tiñamos que ter todo ben planificado.

Empezamos por decidir o menú ( entrantes de queixo, ensalada de pasta e amorodos con iogur ). Tivemos tamén que elaborar unha lista da compra, e como non, as invitacións para o xantar.

O segundo día fomos mercar todo o que precisabamos, pero coma as chicas que traballan no súper son tan amables, aprendéronnos tamén unha chea de cousas mentres nos ían explicando todo o que viamos.

                         

                          

E chegou o terceiro día. Elaboramos os tres platos, preparamos as mesas, recibimos as nosas convidadas ( non nos acompañou ningún papá, pero si viñeron mamás, unha avoa e unha irmá ), servimos o xantar e disfrutamos do noso traballo, da comida e da compañía.

E...PICOTÍ, PICOTÁ

COMÉMOLO TODO

UN POUCO NÓS

E OUTRO POUCO

AS NOSAS MAMÁS

IVÁN, LÍA,EVA, JOEL, ALEX, TANIA, LAURA, YAIZA, DESI, IRENE,PABLO E SOL

( Case se nos esquece: grazas a Carmen María e a Charo por vir a falarnos dos seus oficios, relacionados coa alimentación ! )

hola

estou moi contenta que poida ver fotos dos rapazes pois entre eles encontrase miña querida sobriña yaiza,non sabedes asta que punto me compraze ver as fotos do colexio,sin esta paxina nunca poderia velas,posto que estou en suiza.un bico moi grande a miña sobriña que lle quero moito moito isalb

Ata o vindeiro curso!

Ola, Isalb.

Comprácenos moito que visites a nosa páxina e te animes a deixarnos comentarios.

Saberás que este curso escolar está xa rematado, pero gustaríanos que nos sigas facendo visitas a partir de setembro e permitirlle a Yaiza e os seus compañeiros que se escriban contigo a través do portal. Seguro que nos podes contar un montón de cousas, de Suíza e do mundo.

Ata o vindeiro curso! Sol 

DOUS OFICIOS

DESPOIS DE TANTO TEMPO, POR FIN DEMOS "SUBIDO" A FOTO DO DÍA NO QUE CARMEN E CHARO NOS VIÑERON FALAR DOS SEUS TRABALLOS. OS DOUS ESTÁN RELACIONADOS COA ALIMENTACIÓN E CO MAR. SABEDES QUE OFICIOS SON?