NOVA AGRESIÓN Á ESCOLA DE CUVIDE

Desolación, rabia, impotencia..., xa non atopo palabras para describir o sentimento que produce o chegar o luns á escola e atoparse con que todo o traballo de plantación que fixemos dentro do proxecto de educación medioambiental "Voz Natura" está esnaquizado por culpa duns desaprensivos; as plantas do xardin levantadas, algunhas rotas;

dúas macetas de barro colgantes e outras dúas das decoradas polos nenos e nenas, rotas

as xardiñeiras envorcadas. Unha veciña xa metera a terra e as plantas de novo nalgunha e mostraba indignación cando me contaba o que acontecera.

as canastas de baloncesto, con pintadas obscenas : "puta", "polla" con ilustracións tan interesantes como un par de penes en erección cos seus respectivos testículos dos que non vou a poñer imaxes, porque esta páxina tamén vai ser visionada polo alumnado, pero sí quero que conste este feito; un barrote dun columbio astillado onde me fixen dano ao comprobar a perigosidade que podía ter de cara aos nenos,

e a pechadura da porta obstruída cunha madeira que meteron dentro co que ao non poder entrar obrigou a determinadas familias a levar aos nenos para casa dado que tiñan que ir traballar para que máis tarde os trouxesen os avós ou avóas : hora e vinte de espera co frío que hoxe facía.

Hai uns días presentamos un escrito de denuncia ante o Concello e a Garda Civil porque baleiraran unhas xardiñeiras diante da porta colocando un preservativo no medio. A raíz dese comunicado - denuncia a concellala correspondente, aproveitando unha visita que fixemos á Biblioteca de Rianxo, púxose en contacto conmigo e comentou que había que facer algo para impedir que estas situacións continuaran. Pero eu non vexo que se faga nada pois chamei á directora para manifestar o meu desexo de que se personara a garda civil na escola. Comentoume que do Concello ían mandar un municipal pero non foi así, ninguén se presentou para tomar nota dos danos que en gran medida non son cuantificables porque como se mide a frustración!

Mentres os nenos e nenas estaban en clase de Inglés, dediqueime a plantar de novo todas as plantas no xardín e nas xardiñeiras.

Só apareceu un operario do Concello para arranxar a pechadura; parece que ao Concello únicamente lle interesa solucionar os problemas meramente funcionais : que o alumnado entre na escola e punto.

EU TAMÉN QUEDO TRISTE

PONME TRISTE

O QUE VOS FIXERON NAS PLANTAS

O QUE VOS FIXERON NO PATIO

SEI QUE VOLVEREDES PLANTAR

SEI QUE OS QUE O FIXERON

VERÁN QUE ESTÁN A FACER MAL,

MAL, MOI MAL

UN BICO TOBÍAS Llorando

" La primavera ha

" La primavera ha venido..." diciades no artículo anterior. E chegou, aínda que estes días teñamos tempo de invernía.

O traballo que facedes é valiosísimo: proxectades a mellora da escola, organizades as tarefas, as familias colaboran con vos e, co voso esforzo, conseguides que esta natureza primaveral se instale un pouco máis na vosa escola.

Si, ese traballo é valiosísimo. Pero aínda é moitísimo máis valioso o sentimento, a inquedanza e a determinación que vos levan a querer facelo.

Poderán vir unha e outra vez romper as vosas macetas e a arrincar as vosas plantas. Iso téñeno fácil: só se teñen que entrentar a uns vexetais e a unhas pezas de arxila.

Que destrocen as plantas, pero non a ilusión que hai dentro de vos.

A primavera segue o seu camiño, aínda que veñan días de invernía.

Un bico, un Sol e unha flor

dende o Cruceiro

con moito amor.

 

Síntoo moito porque

Síntoo moito porque tiñades unhas prantas preciosas. Llorando Gabriel

Non me gusta nada o que vos fixeron. Sergio

Que mala suerte!Chulo Candela

Estou moi triste porque vos destrozaron todo. Brais

Non renunciedes a seguir prantando e coidando o medio ambiente!  Ánimo! Martín e Mariña