ESTUDANTES DE ZOOLOXÍA
Unha boa biblioteca a disposición dos estudantes sempre facilita o traballo.
Por eso, na escola do Cruceiro, nestes días nos que estamos a estudar os animais, procuramos que a nosa biblioteca nos proporcione os libros adecuados para complementar o noso traballo:
o que aprendemos observando, analizando e escoitando, comprobámolo e ampliámolo despois nalgún dos nosos libros.
Mirade, como exemplo, o que fixemos coa egagrópila que trouxo Lía da casa da madriña:
escoitamos o que Lía nos contou, abrimos a egagrópila e clasificamos o seu contido e consultamos a información que viña nos libros.
Que non sabedes o que é unha egagrópila ?
Pois, observade as fotos e lede a información...
( " Las lechuzas tragan enteras pequeñas aves y otros animales, vomitando después el pelo, plumas y huesos en una especie de pelotita llamada egagrópila" La senda de la naturaleza. Pájaros. SM Ediciones.)
Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.
- APIs de Blogue