2012-2013
CLUB DE LECTURA DA ANPA
A ANPA IRMÁNS ÍNSUA ORGANIZOU, O MÉRCORES DÍA 5 DE XUÑO, UNHA NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA INFANTIL NA ESCOLA DE QUINTÁN.
LECTURA, MÚSICA E PASEO COS AMIGOS Á BEIRA DO RÍO ULLA
- APIs de Blogue
A FIGURA DO APÓSTOLO SANTIAGO E A EVANXELIZACIÓN DE GALIZA
Cando falamos da evanxelización de Galiza é imposible obviar a figura de Santiago Apóstolo, xa que é un dos principais artífices da chegada do cristianismo á Península Ibérica. Neste 3º trimestre os nenos e nenas de Relixión estamos rematando a nosa viaxe a través do tempo para coñecer as crenzas relixiosas dos nosos ancestros. Sin ningunha dúbida o credo cristian é a máis importante crenza relixiosa da nosa terra, chegou ata nós, no século I cando Galiza estaba dominada polos romanos.
Segundo vemos no mapa, así era como estaba constituida Hispania durante a época da romanización. No século I un home chamado Xacobe fillo do Zebedeo, un dos discípulos máis queridos por Xesús e, según contan as crónicas, un viaxeiro incansable, chegou ata a Gallaecia. Considérase que a orixe da evanxelización da Península Ibérica está por un lado, nas viaxes de San Paulo que andivo polas terras do Mediterráneo na Tarraconensis e na Cartaginensis e por outro lado nas viaxes de Xacobe que chegou as terras do norte e predicou por terras galegas esparcindo a semente da mensaxe de Xesús o seu mestre. Pero si en vida impulsou o cristianismo na nosa terra, foi despois de morto cando acadou un mérito indiscutible.
Os nenos e nenas de 2º de Reli, coñecimos a historia da viaxe milagrosa dos restos de Santiago e da fundación da cidade de Compostela por un video de debuxos animados titulado: Historia de Santiago de Compostela que podedes ver no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=l9KNKBeCxuQ
Con esta historia marabillosa aprendimos moitas cousas sobre a nosa historia relixiosa, de como se fundou a catedral de Santiago, da importancia do descubrimento da tumba do Apóstolo, e de como todo isto daría lugar ao Camiño de Santiago como unha das vías de peregrinación máis importantes da historia do cristianismo:
Santiago Apóstolo, catedral de Santiago de Compostela
O Camiño de Santiago
Como homenaxe ao Apóstolo decidimos facerlle un retrato que coloreamos con rotuladores finos, decoramos con rotuladores dourados e prateados, e para rematar lle puxemos unha cartulina a modo de marco:
A continuación podedes ver o resultado na galería de imaxes:
CURIOSIDADES LINGÜÍSTICAS:
Sabías que existen dous topónimos moi cercanos a nós, que teñen a súa orixe na lenda do traslado miragroso do corpo do Apóstolo a Galiza? estes dous nomes como podedes supoñer son Compostela e Padrón.
Conta a historia que os discípulos de Santiago entraron en Galiza polo río Sar e que ataron a barca na que chegaron a un pedrón que atoparon á altura de Iria Flavia para seguiren o camiño a pé. Pois este pedrón que significa "pedra grande" dou nome ao lugar, ao que hoxe coñecemos por Padrón. Pedrón e un derivado de pedra que ven do latín petra e significaba "rocha". E o termo Compostela se cre que ven do latín campus stellae que significa "campo de estrelas" en referencia ás luces que segundo Paio ( o hermitaño que descubriu a tumba do Apóstolo) brotaban do mausoleo cando foi descuberto e brilaban tanto como estrelas.
Sabías que os nomes de Iago, Santiago, Xaime e Xacobe son todos o mesmo? Pois sí, todos eles veñen do latín Iacobus que á súa vez ven do hebreo Yaakov que e o nome orixinal do Apóstolo Santiago, pero entón como é posible tanta variación? Pois porque xa en latin convivían duas formas para referirse ao Apóstolo Iacobus, como xa dixemos, e Iacamus.
Bueno esperamos que vos guste moito o noso traballo e que disfrutedes con estas curiosidades. Un bico moi forte e ata a próxima!
- APIs de Blogue
ECO-MAR
UNHA NOVA SESIÓN CON ECO-MAR PARA FALAR DA CAMUFLAXE DOS ANIMAIS MARIÑOS, DE CABALIÑOS E PEIXES AGULLA, PEIXES PALLASO E ANÉMONAS, MANTAS E RAIAS,...
UNHA LONGA SESIÓN PARA SEGUIR A MERGULLARNOS NUNS TEMAS QUE TANTO NOS INTERESAN
- APIs de Blogue
XORNADAS NOS CENTROS RECEPTORES
O ALUMNADO QUE CURSA O SEU DERRADEIRO ANO ACADÉMICO NO CRA DE RIANXO ESTÁ A REALIZAR NESTES DÍAS UNHA VISITA ÓS CENTROS RECEPTORES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR, O CEP "BREA SEGADE", DE TARAGOÑA E O CEIP "CASTELAO", DE RIANXO .
navega polas páxinas web do
- APIs de Blogue
DEBUXOS DE CAMPO LAMEIRO
ADEMAIS DOS PETRÓGLIFOS,CON ESE ESTUPENDO CERVO,
TAMÉN NOS GUSTOU A REPRODUCCIÓN
DA ALDEA DA IDADE DO BRONCE.
E, COMO REMATE DA ACTIVIDADE REPRODUCIMOS ESTE BONITO PETRÓGLIFO
COA TÉCNICA DE "FROTAGE", QUE CONSISTE EN REFREGAR UN PAPEL
DE CARBONCILLO NO PAPEL COLOCADO
ENCIMA DO PETRÓGLIFO.
- APIs de Blogue
O DOLMEN DE AXEITOS E O CASTRO DE BAROÑA
ESTA FIN DE SEMANA SAMUEL FIXO UNHA EXCURSIÓN AO DOLMEN DE AXEITOS E AO CASTRO DE BAROÑA
El Dolmen de Axeitos tiene forma poligonal, compuesto por ocho ortostatos de casi 2 metros que rodean el conjunto. La cubierta adquiere unas dimensiones de 4,5 x 3,5 metros. Es difícil saber con precisión la datación de este dolmen, ya que se desconoce cualquier posible hallázgo en su interior. Ningún resto nos indica la cronología, debido a los expolios de los dos últimos siglos por la creencia popular de que estos enterramientos escondían tesoros ocultos y maravillosos. Hay que recordar que antaño estas piedras eran enterradas, recibiendo el conjunto el nombre de mámoas. Sin embargo, la cultura megalítica se desarrolla en Galicia durante el terecer milenio antes de Cristo. Además los de cronología más antigua presentaban esta forma poligonal sencilla.
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/A%20CORUNA/ribeira/axeitos.html
- APIs de Blogue
PINTURA RUPESTRE
PINTURA RUPESTRE
ESTIVEMOS INVESTIGANDO EN PEQUENOS GRUPOS SOBRE AS CARACTERÍSTICAS MÁIS SALIENTABLES DA PINTURA RUPESTRE. AO PRINCIPIO RESULTOUNOS UN POUCO COMPLICADO BUSCAR E SELECCIONAR A INFORMACIÓN, PERO POUCO A POUCO FOMOS DESCARTANDO, ATA QUEDARNOS COA MÁIS RELEVANTE. POSTERIORMENTE FIXEMOS UNHA POSTA EN COMÚN E AVERIGUAMOS QUE OS OUTROS GRUPOS TIÑAN RECOLLIDO ASPECTOS COMÚNS AOS NOSOS.
- APIs de Blogue
AS MÁMOAS DE OS CAMPIÑOS
AS MÁMOAS DE "OS CAMPIÑOS"
OS MESTRES E MESTRAS DO CRA DE RIANXO, ACOMPAÑADOS DAS FAMILIAS, REALIZAMOS UN ROTEIRO ATA ÁS MÁMOAS
DE "OS CAMPIÑOS" QUE FINALIZOU NOS PETRÓGIFOS DE O FOXO VELLO, AMBOS SITUADOS NA PARROQUIA DE LEIRO.
NA ESCOLA CONSTRUÍMOS TAMÉN MONUMENTOS MEGALÍTICOS E LLE PUXEMOS NOME:
AS MÁMOAS DO AREEIRO DE LEIRO.
Enterramos o corpo do falecido, facendo un burato e cubríndoo con terra. |
Construímos o dólmen a partir da colocación de dúas pedras laterais en vertical e unha pedra superior en horizontal. |
Cubrímolo con area formando un túmulo. |
Colocamos pedriñas na parte superior. |
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »