2012-2013
CARREIRA DAS LETRAS
O Xoves 16 de Maio festexamos as Letras Galegas
xunto con todos os compañeiros e compañeiras do CRA.
Nesta ocasión a choiva desluciu moito o festexo,
aínda así realizamos as actividades previstas:
Primeiro tiveron lugar as carreiras infantís:
fixémolo MOI BEN!
Despois correron os adultos:
tamén o fixeron MOI BEN!
A continuación tivo lugar unha pequena homenaxe a Roberto Vidal Bolaño,
a cargo dos nenos e nenas da Escola de Rañó.
PARABÉNS chic@s!!!
Unha pequena sorpresa da man do profe Rubén e a profe Tamara,
reparto de medallas e merenda para repoñer forzas!!!
- APIs de Blogue
DÍA DA FAMILIA
O 15 de Maio conmemorouse o Día Internacional da Familia.
Para festexalo elaboramos uns portafotos
que achegamos ata casa con moita ilusión
e a intención de completalos con fotografías de toda a familia.
Quedáronnos así de bonitos:
- APIs de Blogue
PETRÓGLIFOS DOS BALLOTES
MAIRA E VALERIA ESTIVERON A VISITAR
OS PETRÓGLIFOS DOS BALLOTES (BAMIO)
QUE É UNHA DAS ESTACIÓNS DE ARTE RUPESTRE
MÁIS VISITADO POR INVESTIGADORES ILUSTRES.
PODENSE ADMIRAR VARIEDADE DE ANIMAIS,
SOBRE TODO CÉRVIDOS, REPRESENTACIÓNS XEOMÉTRICAS
E CAZOLETAS.
- APIs de Blogue
VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO: UN LUGAR PARA APRENDER
O prómimo martes 28 de maio visitaremos o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, un lugar estupendo para rematar o curso retomando moitas das cousas que traballamos ao longo do ano a través do noso proxecto histórico.
O Parque Arqueolóxico é un lugar para aprender, pero tamén para divertirse e emocionarse cos petróglifos e cos grupos humanos da Idade do Bronce que os crearon no pasado. Na nosa visita, o parque ofrécemos unha viaxe emocionante ao pasado guiados por monitores especializados, que pasa polas seguintes etapas:
- Paseo pola área arqueolóxica, na que é posible observar os deseños xeométricos e naturalistas propios dos petróglifos galegos, e contemplar algúns dos paneis gravados máis salientables de Galicia.
- Acceso á recreación dun pequeno poboado da Idade do Bronce, un espazo no que é posible realizar unha viaxe no tempo e aproximarse aos modos de vida propios desa época.
- E si da tempo: realización dun pequeno obradoiro.
Queridos alumnas e alumnos todo isto nos espera en Campo Lameiro non vos queremos mostar máis fotos para non "destripar" toda a visita, con este aperitivo pretendemos que se abra o voso apetito investigador e queirades vir ao parque para ser arqueólogos por un día facendo "traballo de campo", dende o equipo de Atividades Complementarias vos animamos a participar. Moitos biquiños a ata a próxima.
- APIs de Blogue
A NOSA CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS
O TEMPO NON NOS ACOMPAÑOU PERO DEMOS FEITO A NOSA CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS
NO PAVILLÓN E NUNHA DAS INSTALACIÓNS DO C.E.P. BREA SEGADE,(MOITAS GRAZAS)
COMEZARON AS CARREIRAS COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS ANIMANDO CUN FORTE
"LETRAS GALEGAS!, LETRAS GALEGAS!"
NÓS AMOSÁBAMOS BEN AS NOSAS CAMISETAS VERDES!
OS NENOS E NENAS DE RAÑÓ LERON O MANIFESTO DAS LETRAS GALEGAS
ESTE ANO ADICADAS A ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
LOGO CANTARON "ADIOS RÍOS, ADIÓS FONTES" DE ROSALÍA DE CASTRO.
NÓS RESPONDEMOS CON UN FORTE APLAUSO, MOI MERECIDO!
OS MESTRES TAMARA E RUBÉN, E UN PAPÁ DE OUTEIRO TOCÁRONNOS O HIMMO GALEGO!
OUTRO FORTE APLAUSO!!!
HOUBO ENTREGA DE MEDALLAS E DIPLOMAS, PORQUE NESTA CARREIRA TODOS SOMOS GAÑADORES.
UN GRAN APLAUSO PARA TODOS!!! E OUTRO FORTE APLAUSO PARA AS NOSAS LETRAS!!!
E LOGO DE TANTO ESFORZO, COMEMOS!!!
PREMEDE SE QUEREDES VER MÁIS:
MÁIS VERDES CAMISETAS VERDES
ACHEGÁBASE A NOSA CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS E QUERÍAMOS AMOSAR AS VERDES CAMISETAS VERDES
APOIANDO UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE PARA TODOS
POR ISO, ADEMÁIS DE PREPARAR AS MEDAIAS E DORSAIS,
ESTES DÍAS ESTIVEMOS MOI ATAREFADOS PINTANDO... , XA FALTAN MOI POUQUIÑAS....
E LUCAS ANIMOUSE A PINTAR A CAMISETA DA SÚA NAI!
- APIs de Blogue
MOISÉS AMOSANOS UN CASTELO SUIZO
CANDO MOISÉS FOI XUNTA AO SEU PAI A SUIZA VISITARON ESTE CASTELO.
É COMO UNHA PEQUENA CIDADE MEDIEVAL QUE MOISÉS TIÑA MOITAS GAÑAS DE COMPARTIR CON TODOS VOS.
Grazas Moisés e familia!
- APIs de Blogue
O NOSO PANEL SOLAR
COMO XA CONTAMOS, OS AVÓS DE LUCAS TEÑEN PANEIS SOLARES.
EXPLICOUNOS QUE RECOLLÍAN A ENERXÍA DO SOL E A CONVERTÍAN EN ENERXÍA TÉRMICA,
COA QUE QUENTABAN A AUGA, E TAMÉN EN ENERXÍA ELÉCTRICA.
Logo de investigar decidimos facer o noso panel solar : precisábamos unha caixa de cartón,
unha botella de plástico, pintura negra, papel de aluminio e papel celofán. Logo auga e que quentara o sol.
Preparamos a caixa inclinando as paredes interiores. Logo pintámola de negro igual que a botella de plástico.
Por último, forramos a caixa con papel de aluminio.
Esperamos a que viñera un día de calor e saímos todos ao patio. Enchemos a botella de auga,
pechámola ben e metémola dentro do noso panel, logo envolvemos todo en papel celofán.
Recordamos o funcionamento dos paneis solares e repasamos a construcción do noso.
Despois buscamos o mellor lugar para situalo no noso patio xa que lle tiña que dar ben o sol.
Cando rematou a mañán, volvemos ao patio e descubrimos que a botella e a auga estaban quentes.
- APIs de Blogue
ENERXÍA HIDRÁULICA
RECORDANDO O TRABALLO DE ANOS ANTERIORES, NO LIBRO WEB “LIBRO DA AUGA”
LUCAS E LIDIA AMOSÁBANNOS O SEU MUÍÑO SITUADO PRETO DA SÚA CASA.
CONTÁBANNOS QUE A FORZA DO RÍO PEDRE (que pasa polo lado da nosa escola) ERA A QUE FACÍA FUNCIONAR O SEU MUÍÑO.
ALÍ OS SEUS AVÓS ÍAN MOER O GRAO DE MILLO PARA OBTER A FARIÑA COA QUE FACÍAN O PAN.
E nós, que estamos feitos uns grandes experimentadores quixemos comprobar como a forza da auga era quen de mover
un muiño que temos na escola. O noso muíño é unha maqueta de xoguete.
Así, utilizamos a forza da auga cando cae da regadeira, e observamos que daba movido as paletas do pequeño muíño.
Fai moitos anos, o home apenas contaba con outro tipo de enerxía que non fose a súa forza.
Co tempo, foi deseñando artellos que lle faciltasen o traballo. Un deles foi o muíño hidráulico,
que supuxo a substitución da forza humana pola da auga como fonte de enerxía para a producción da fariña.
Este tipo de muíño é o que ten maior presencia na nosa terra.
Aquí, son poucos os que seguen en funcionamento.
O muíño de Lucas e Lidia na actualidade serve de almacén dos aparellos de labranza.
- APIs de Blogue
A ENERXÍA DUN VOLCÁN
GEISERS, AUGAS TERMAIS OU VOLCÁNS DEMOSTRAN A GRAN FORZA QUE HAI NO INTERIOR DA TERRA.
FORZA QUE SE PODE TRANSFORMAR NUN TIPO DE ENERXÍA CHAMADA XEOTÉRMICA.
ESTA É OUTRA DAS ENERXÍAS RENOVABLES QUE, DE FORMA ECOLÓXICA, PRODUCE CALEFACCIÓN NO INVERNO,
FRESCO NO VERÁN E AUGA QUENTE TODO O ANO.
NA ACTUALIDADE XA HAI CASAS QUE TEÑEN ESTE SISTEMA DE CALEFACCIÓN-REFRIXERACIÓN.
PARA EXEMPLIFICAR O FUNCIONAMENTO DA ENERXÍA XEOTÉRMICA USAMOS A MAQUETA DO VOLCÁN
QUE SE FIXO EN PRIMARIA O CURSO PASADO (porque reutilizar tamén é aforrar).
NO SEU INTERIOR BOTAMOS TÉMPERA VERMELLA, UN POUCO BICARBONATO E VINAGRE. CANDO ESTE ÚLTIMO
ENTROU EN CONTACTO CO BICARBONATO FIXO QUE A MASA QUE SE CREARA DENTRO
SAÍRA RÁPIDAMENTE PARA FÓRA, SIMULANDO ASÍ O VOLCÁN EN ERUPCIÓN EXPULSANDO A LAVA
LOGO QUIXEMOS COMPROBAR SE TAMÉN QUEIMABA, PERO NON, ERA SO UNHA SIMULACIÓN...
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »