O NOSO PANEL SOLAR

 

COMO XA CONTAMOS, OS AVÓS DE LUCAS TEÑEN PANEIS SOLARES. 

EXPLICOUNOS QUE RECOLLÍAN A ENERXÍA DO SOL E A CONVERTÍAN EN ENERXÍA TÉRMICA,

COA QUE QUENTABAN A AUGA, E TAMÉN EN ENERXÍA ELÉCTRICA.

 

Logo de investigar decidimos facer o noso panel solar : precisábamos unha caixa de cartón,

unha botella de plástico, pintura negra, papel de aluminio e papel celofán. Logo auga e que quentara o sol.

Preparamos a caixa inclinando as paredes interiores. Logo pintámola de negro igual que a botella de plástico.

Por último, forramos a caixa con papel de aluminio.

Esperamos a que viñera un día de calor e saímos todos ao patio. Enchemos a botella de auga,

pechámola ben e metémola dentro do noso panel, logo envolvemos todo en papel celofán.

Recordamos o funcionamento dos paneis solares e repasamos a construcción do noso.

Despois buscamos o mellor lugar para situalo no noso patio xa que lle tiña que dar ben o sol.

Cando rematou a mañán, volvemos ao patio e descubrimos que a botella e a auga estaban quentes.