2012-2013

UNHA TARTARUGA PEQUERRECHIÑA

NO MEDIO DO MEDITERRÁNEO, FRANCISCO VIU UNHA TARTARUGA PEQUERRECHIÑA

FRANCISCO, COMO BO NAVEGANTE, DESEXOULLE UNHA BOA TRAVESÍA

PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE

O MARTES 28 DE MAIO AS AULAS DO CRA REALIZARÁN UNHA VISITA DIDÁCTICA
Ó PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE ( PAAR ), EN CAMPO LAMEIRO,
CO OBXECTO DE PROFUNDIZAR NO COÑECEMENTO DOS PETRÓGLIFOS GALEGOS

Consulta información sobre o PAAR en

Actividades Complementarias

Saídas: PAAR. Campo Lameiro

ver a visita da

Escola de Pazo (Infantil)

Escola de Rañó

Escola de Cruceiro

MAIRA E VALERIA VISITAN UN PARQUE EÓLICO

EOLO , SEÑOR DOS VENTOS,

SEGUNDO A MITOLOXÍA TÍÑAOS ENCADEADOS NUN LUGAR PROFUNDO,

ONDE OS GOBERNABA AO SEU ANTOXO.

DE AÍ VEN O NOME DOS PARQUES "EÓLICOS" QUE É UNHA AGRUPACIÓN

DE AEROXENERADORES QUE TRANSFORMAN A

ENERXÍA EÓLICA EN ELÉCTRICA.

 

É UNHA ENERXÍA RENOVABLE

E É INESGOTABLE!!!

MAIRA E VALERIA QUEDARON IMPRESIONADAS POLO ALTOS QUE SON OS MUIÑOS

E, TAMÉN APRECIARON QUE DE CERCA ÓESE O RUÍDO

QUE FAN AS ASPAS AO MOVERSE.

SAÚDOS VERDES

DENDE O NOVO COLE DE JOSE, CHÉGANOS SAÚDOS E DESEXOS EN VERDE.

SAÚDOS DUNHA ALUMNA, DUNHA FUTURA ALUMNA, DUNHA MAMÁ E DUNHA PROFE E O DESEXO DE MANTER UNHA ESCOLA PÚBLICA E DE CALIDADE

AO SON DAS GAITAS, TAMBOR E BOMBO!!!

COMO TODOS OS ANOS, NESTE DÍA, UN PEQUENO GRUPO COMPOSTO DE DÚAS GAITAS, TAMBOR E BOMBO

DETÍVOSE NA PORTA DA NOSA ESCOLA. ELES, TOCÁRONNOS E CANTÁRONNOS UNHAS FERMOSAS CANCIÓNS...

NÓS, AGRADECIDOS, SAÍMOS A FÓRA, APLAUDIMOS E...BAILAMOS!!!

                                                                     ....AGARDÁMOSVOS O PRÓXIMO ANO!!!

E,.....MÁIS VERDES CAMISETAS!!!

PARA NÓS E PARA AS NOSAS NAIS, ÁNIMO QUE XA SOMOS MOITOS!!!

...E QUEREMOS SER MÁIS!!!


 

NA ILLA DO MINOTAURO

O PAPÁ DE FRAN CHEGOU CO SEU BARCO A CRETA, A ILLA DO MINOTAURO, E ALÍ VISITOU A CIDADE DE HERAKLION CO SEU CASTELO, O ANTIGO PORTO VENECIANO E O MUSEO ATEIGADO DE RESTOS DE ANTIGAS CULTURAS

BUQUE OCEANOGRÁFICO

ESTE QUE AQUÍ VEDES É O BUQUE OCEANOGRÁFICO ONDE TRABALLA FRANCISCO, O PAPÁ DE FRAN.  NEL ESTANSE A REALIZAR ESTA TEMPORADA TAREFAS DE INVESTIGACIÓN NO MAR MEDITERRÁNEO.

DENDE ESE MAR, A MILES DE QUILÓMETROS DE RIANXO, FRANCISCO SEGUE A AXUDARNOS A  DESCUBRIR O MUNDO MARIÑO ...

BALEAS, TIBURÓNS, DELFÍNS QUE ACOMPAÑAN AO BARCO NA SÚA RUTA,  INMENSOS SOLPORES,  MARES MANSOS ONDE SE CONFUNDEN AUGA E CEO,...
VIVENCIAS NO MEDITERRÁNEO A BORDO DUN BUQUE QUE POR UNS INSTANTES CONTOU CUN CAPITÁN E UNHAS OFICIAS DE EXCEPCIÓN


( FRANCISCO CONTOUNOS TAMÉN QUE NUNHA NEVEIRA TEN GARDADA AUGA DO MAR COLLIDA A CASE 4.000 METROS DE PROFUNDIDADE E QUE ESPERA DESEMBARCAR ANTES DE QUE REMATE A ESCOLA PARA ENSINÁRNOLA E EXPLICARNOS TODO O QUE OS CIENTÍFICOS DESCUBRIRON NELA !!)

O CLUB DE LECTURA VIAXA Á ESCOLA DE OUTEIRO (TARAGOÑA)

O mércores 22 de Maio, nova sesión do Club de Lectura Infantil do Cra de Rianxo!

Haberá contos e o gaiteiro Isaac, antigo alumno do Cra e irmán de Breogán, da escola de Campo de Pazos, tocará unhas pezas para nós. Non esquezamos a merenda nin a gorra, que a visita ao Río Te ha ser ben bonita...

E, por suposto, non deixedes a camiseta verde na casa... Non volo perdoaría! 

Distribuir contido